Os nosos participantes no campionato provincial de Campo a Través tiveron unha excelente actuación na proba celebrada en Chandebrito, no concello de Nigrán, o pasado sábado, 7 de febreiro.
Tivemos un día bonito no medio de tanta choiva, e os nosos atletas poideron demostrar a capacidade para competir entre os mellores da provincia.
Hai que destacar a excelente actuación de Ana María Davila, décima na categoría Benxamín Feminino, ou Ezequiel Rodríguez, na categoría de Alevín Masculino, moi preto tamén do grupo dos dez primeiros.
Isto representa un éxito para o noso colexio, que presentaba tres equipos, e anima aos nosos alumnos a seguir participando nas diversas actividades deportivas nas que estamos inscritos.
Noraboa a tódolos nosos atletas!