Biblio-Caselles

REVISTA ESCOLAR LEILÍA Nº24

Xa temos aquí a vixésimo vinte e catro edición da nosa revista escolar LEILÍA. Que a desfruten!


VISITAS Á AULA DE NATUREZA

Varios cursos visitamos a aula de natureza, onde están expostos e recollidos os traballos que fixemos nos obradoiros PEGADAS RUPESTRES.
Entre estes obradoiros están os de tiro con arco, orfebrería, gravado de petróglifos, pintura de arte rupestre, modelado de barro.

Traballos de pintura rupestre
Traballos modelado de barro
 

Ademais destes traballos, tamén están expostos outros traballos que fixeron en diferentes cursos da Primaria; entre os que destacan a presentación de traballos de petróglifos, gravado de petróglifos e unha maqueta dunha representación da vida castrexa. Que chula quedou!


Maqueta
 
 

 

 
Gravado de petróglifos
 


Puidemos lembrar todo o que se fixo, gozar de traballos doutros cursos e aprender un pouquiño sobre a Prehistoria. De feito, houbo un folleto, para cada un, onde se explicaba un pouco sobre a Prehistoria
Incluso, xogamos ao memotest.

 Xogo memotest


Preme AQUÍ para ver máis fotos
 
Tamén hai un espazo adicado ás lendas de Tomiño, elaborado polos nenos e nenas de 1º que son os encargados de narralas.
Para poder ver e escoitar tedes que premer AQUÍ; e velo ao final da entrada do noso blog.
 

BAILANDO AS TÁBOAS

O alumnado de 2ºA, en colaboración coa biblioteca, bailamos as táboas de multiplicar. Este baile consiste en representar factores con diferentes movementos corporais para que os compañeiros e compañeiras adiviñen o produto. Outra modalidade é que representen o produto e o resto do alumnado digan os factores. Desta forma lúdica aprendemos xogando e consolidamos as táboas de multiplicar.

 

CIENCIAS NATURAIS A TRAVÉS DOS LIBROS

En segundo, en colaboración coa biblioteca, cada vez que empezamos un tema de Ciencias Naturais, o alumnado trae libros relacionados coa temática. Neste caso empezamos o tema dos animais e estas son as aportacións da casa que nos trouxeron.

A NOSA ARTE RUPESTRE

Os corredores do Caselles locen moito ultimamente. Nenos e nenas dos diferentes cursos estiveron estudando e investigando sobre os petroglifos da zona. Cada curso ocupouse dun xacemento, e reflectiu unha parte destes petroglifos no seu mural correspondente. O resultado foi do máis vistoso e fermoso. Preme na imaxe para velos todos.

 

SEMANA CULTURAL NO CASELLES: OBRADOIROS - PEGADAS RUPESTRES

Este xoves día 18 gozamos dunha serie de obradoiros cos que nos trasladamos á época da Prehistoria. Houbo obradoiros moi variados e interesantes cos que os nenos e nenas desfrutaron moitísimo.

En cada obradoiro, os nenos e nenas de 1º a 6º de Primaria estabamos repartidos en catorce obradoiros; onde os nenos e nenas de 6º de Primaria encargábanse de guiar aos seus compañeiros para rotar en cinco obradoiros ao longo da mañá, cun tempo aproximado de vinte minutos. Os obradoiros foron os seguintes:

  • De orfebrería: realizaron colares, coroas empregando obxectos coma cunchas, osiños, pampullos, ....
  • De tiro con arco.
  • De lanzas.
  • De gravado de petróglifos. Graváronse de petróglifos que previamente tratamos en tódolos cursos; da zona de Oia, Campo Lameiro, Outeiro dos Lameiros e do noso Monte Tetón.
  • De perscusión. Con bailes, ritmos e instrumentos da época.
  • Dous obradoiros de pintura de cara: onde se pintaban as caras copiando modelos de tribus antigas.
  • Dous obradoiros de modelado de barro.
  • Dous obradoiros de arte rupestre. Pintando en murais coma na época.

Todo o material xerado nestes obradoiros exporanse na nosa Aula de Natureza, de cara ó fin de curso.

Antes de realizar os obradoiros, todos os nenos e nenas fixeron un medallón con pasta blanca onde gravaron o seu petróglifo favorito.

Aquí tedes o video e fotos desta xornada(clic na imaxe):

 

 

DÍA DO LIBRO NA BIBLIO-CASELLES

A nosa biblioteca segue en obras, o traballo e moito e non fomos quen de dar rematado para o día do libro, pero iso non nos impediu celebrar este día.

Nenas e nenos do Caselles estiveron debuxando a portada do seu libro preferido. Uns trouxeron o seu libro favorito da casa, outros debuxaron algún que tiñan lido na biblio, e outros deixáronse levar pola fantasía e debuxaron a portada dun libro inventado.

Para ver as creacións dos nosos nenos e nenas premede na imaxe.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer