CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

Os nenos e nenas de 6º aprenden a usar a biblioteca!

Hoxe os nenos e nenas de

aprenden a usar a Biblioteca Guay!

Vota unha ollada Guiño!

 6ºA 

 

 

 6ºB

 

 

 

León de biblioteca

Un león na biblioteca?

Vichédes algo semellante algunha vez?

Os nenos de nenas de 1ºA e 1ºB desfrutaton desta marabillosa animación á lectura!

 

Os nenos e nenas saben que namentres o león respete as normas (non hai ningunha que impida a entrada dun león na biblioteca).

Pode ulir os libros, axudar a limpalos e, o que máis lle gusta, estar na hora do conto!

Pero... o señor Mosquera molétalle esta peluda presenza, que non molesta a súa xefa, a directora, sempre e cando o animal garde un estricto cumprimento das regras. Até que un día,  ante un acontecemento inesperado, o león sáltase as normas! 

 

 

 1ºB

 2ºB

 

León de biblioteca é un fermoso album ilustrado que fala de convivienca e sentido comuún, da amistade entre seres diversos e o marabilloso mundo da biblioteca.

 

 

 

 

 

 

Os profes aprendemos a usar a Biblioteca.

 

O martes 10 de outubro os Profes aprendemos como usar a biblioteca, como facer empréstitos ou devolucións, en fin, como funciona a recén inaugurada #biblio-caselles! Guay

 

Vota unha ollada!

 

 

 

 

Animación á lectura cos menos e nenas de 6º

 Os nenos e nenas de 6º EP tiveron a sorte de desfrutar dunha animacíón á lectura para coñecer á Ledicia Costas, poeta con alma de equilibrista, quere falar da morte dende un lado canalla con: Escarlatina a cociñeira defunta, A señorita Bubble, Esmeraldina a pequena defunta ou Jules Venre e a vida secreta das mulleres planta, entre outros.

ledicia costas

Se queres saber máis de Ledicia ou dos seus libros, podes consultar aquí:

https://ibb.co/n7sgwG

https://blog.xerais.gal/2015/ledicia-costas-queria-falar-da-morte-desde-un-lado-canalla/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2017/09/22/ledicia-costas-presenta-senorita-bubble/0003_201709V22C10995.htm

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SUSA HERRERA NA BIBLIOTECA

Este venres, nenas e nenos de 1º e 2º curso tiveron a súa actividade para inaugurar a biblioteca. Susa Herrera fixo as delicias dos máis pequenos do colexio coa súa música.

Para ver mía fotos preme na imaxe

REVISTA ESCOLAR LEILÍA Nº24

Xa temos aquí a vixésimo vinte e catro edición da nosa revista escolar LEILÍA. Que a desfruten!


FESTIVAL FIN DE CURSO 2017

Chega o verán e outro cuso que remata. Unha nova xeración que nos deixa, e coma xa é habitual despedímonos deles no tradicional festival fin de curso. O deste ano moi entretido e con predominio da música e o baile.

Para ver tódalas fotos preme AQUÍ

E os videos, están máis abaixo.

 

 

 

 

AULAS FÓRA

Que vai moita calor?

Que xa estamos cansos?

Pois non hai problema...aulas fóra!!!

E así debaixo da sombra e o fresco das árbores do patio lemos todos o díptico da aula da natureza, e falamos sobre todo o que aprendemos este ano sobre a prehistoria.

E xa que temos unha marabillosa mostra da arte románica ao ladiño do colexio, por que non aproveitar a ocasión. E aló nos fomos a aprender un pouquiño, so un pouquiño da importancia das pedras, falamos dos canteiros e dos seus traballos, de como traballaban daquela, de capiteles, canzorros, e de historia. Tamén falamos da importancia de coidar o noso patrimonio.

Para ver máis fotos preme AQUÍ

VISITAS Á AULA DE NATUREZA

Varios cursos visitamos a aula de natureza, onde están expostos e recollidos os traballos que fixemos nos obradoiros PEGADAS RUPESTRES.
Entre estes obradoiros están os de tiro con arco, orfebrería, gravado de petróglifos, pintura de arte rupestre, modelado de barro.

Traballos de pintura rupestre
Traballos modelado de barro
 

Ademais destes traballos, tamén están expostos outros traballos que fixeron en diferentes cursos da Primaria; entre os que destacan a presentación de traballos de petróglifos, gravado de petróglifos e unha maqueta dunha representación da vida castrexa. Que chula quedou!


Maqueta
 
 

 

 
Gravado de petróglifos
 


Puidemos lembrar todo o que se fixo, gozar de traballos doutros cursos e aprender un pouquiño sobre a Prehistoria. De feito, houbo un folleto, para cada un, onde se explicaba un pouco sobre a Prehistoria
Incluso, xogamos ao memotest.

 Xogo memotest


Preme AQUÍ para ver máis fotos
 
Tamén hai un espazo adicado ás lendas de Tomiño, elaborado polos nenos e nenas de 1º que son os encargados de narralas.
Para poder ver e escoitar tedes que premer AQUÍ; e velo ao final da entrada do noso blog.
 
Distribuir contido