O 24 de outubro é un día dobremente importante, pour unha banda celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA e por outra, celébrase o Día da Biblioteca Escolar.
Cada ano proponse un lema e encárgase a súa interpretación a un creador ou a unha creadora fértil do mundo da ilustración en Galicia. Xosé Tomás é o ilustrador elexido para achegarnos a súa idea de que ñé para él unha biblioteca.
Aprender a pensar coa biblioteca escolar é o lema elixido e convida a aproveitar os recursos, os espazos, os tempos e as actividades que a biblioteca pon a nosa disposición.
A #Biblio-Caselles quixo celebralo tamén de dúas maneiras: Cunha xornada de LECTURAS COMPARTIDAS e PORTAS ABERTAS!
As familias foron convidadas a vir a lernos os seus contos e libros favoritos!
Aquí podedes ver as nosas lectoras invitadas:
6º de primaria coa nai lectora: Natalia Jorge Pereira.
5º de primaria coa nai lectora: Rosa Mª Senra Barros.
4º de primaria coa nai lectora: Ana Mª Gómez Barbosa.
3º de primaria coa nai lectora: Mª Violeta Lorenzo Iglesias.