Un pouco de ánimo e traballo
Estimadas familias,
Somos conscientes destes momentos tan complexos que nos están tocando vivir. Sabemos que hai persoas que inda se senten obrigadas a acudir ao seus traballos para solventar as necesidades básicas dos demais. Gracias por elo.
Nesta situación, na que vemos a vulnerabilidade de todas as persoas, debemos ser conscientes das dos nosos/as pequenos/as e intentar mantelos distraídos.
O obxectivo destas actividades que se vos indican non é outra que esa, así como axudar a que permanezan as aprendizaxes adquiridas.
Matemáticas (poden realizar todos os que desexen, pero inda non se deron os temas a partires da "o")
Problemas matemáticas
Comprensión lectora
Tamén existen algunhas aplicacións que poden ser descargadas nun terminal móbil ou nunha tableta electrónica, e piden que vos rexistredes para poder acceder aos contidos, permitindo utilizar os seus recursos de maneira gratuíta durante un tempo.
Academons
BrainPop
Kahoot
Smile and learn
Ta-tum
M.A.R.S.
Cerebriti
Unha aperta moi forte das titoras de 4º