Falade cos vosos fillos e fillas para que entendan e sigan as pautas que lles digades, pensade que a máscara non é obrigatoria nuns casos (ler abaixo o real decreto) pero debemos seguir con todos os coidados para que o sacrificio conxunto siga a cumprir co seu obxectivo de coidar a nosa saúde.
DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ENTORNO EDUCATIVO. CLICADE.
ESPECIAIS RECOMENDACIÓNS DO GRUPO COVID PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
RECOMÉNDASE LEVAR A MÁSCARA POSTA NOS SEGUINTES CASOS:
1.- Nos momentos de entrada/saída do centro e baixada/subida ao recreo, dada a dificultade de manter a distancia de seguridade polo gran movemento de persoas de diferentes grupos.
2.- Ante a ausencia de síntomas, pero ter relación estreita con parentes e/ou coñecidos enfermos de COVID.
3.- Ante a ausencia de febre, pero evidencia de síntomas leves como tose, mucosidade, esbirros... da procedencia que sexan, para evitar contaxios indesexados.
Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19.