Detectar, valorar, orientar e facer un seguimento do alumnado con necesidades educativas especiais.
Axudar ós alumnos no seu autocoñecemento e maduración.
Atender especialmente ós alumnos que precisen máis axuda.
Tentar acadar un modelo acabado de integración social dos nenos inmigrantes estranxeiros, tendo en conta unha adaptación do currículo á educación intercultural.
Ensinar ós alumnos a planifica-lo seu traballo.
Desenvolver nos alumnos hábitos de traballo e estudo.
Detectar a idade temperá aqueles nenos que presenten ou podan presentar dificultades na aprendizaxe.
|
Centralizar no departamento de orientación toda a problemática e información referente ós alumnos con necesidades educativas especiais.
Ofrece-lo material pedagóxico que precisen.
Ofrecer asesoramento psicopedagóxico.
Cooperar na planificación de programas transversais que permitan recoller, integrar e enriquece-lo bagaxe cultural do diverso alumnado do Centro.
Colaborar no desenvolvemento do Plano de Acción Titorial (PAT).
Asesorar e colaborar no seguimento de alumnos con necesidades educativas especiais.
Colaborar na avaliación das necesidades do Centro e informar sobre as mesmas.
Colaborar na coordinación entre ciclos.
Colaborar na cooperación entre titores e especialistas.
Colaborar na coordinación entre o Centro e a E.E.I. “VILALAURA”.
Colaborar na coordinación entre o Centro e o I.E.S. “do CASTRO”.
Estudar conxuntamente as técnicas, materiais, metodoloxía e procedementos para mellora-la comprensión lectora.
Asesorar ós profesores na realización das adaptaciónscurriculares.
Asesorar e colaborar na atención a nenos que presenten algún problema de conduta.
|
Explicar e delimita-la función orientadora.
Proporcionar información referente ó Centro, a educación dos seus fillos, ó departameno de orientación.
Tratar de implicar ás familias na educación dos seus fillos.
Cando as circunstacias o precisen, facer unha reflexión conxunta con pais e profesores sobre a educación dos nenos.
Determina-lo tipo de colaboración que, neste senso, debe existir entre as familias e os profesores.
Fomentar nos pais unha actitude reflexiva cara ós temas educativos, que lles leve a unha crítica coonstructiva das propias actuacións cos seus fillos.
|
Cooperar na organización da acollida para os alumnos que se incorporan por primeira vez ó sistema esolar ou á nosa escola.
Promove-la optimización dos procesos de ensinanza–aprendizaxe, facilitando que se desenvolvan nas mellores condicións.
Propicia-la aplicación de novas tecnoloxías educativas e metodolóxicas de traballo para o profesorado e o alumnado.
Fomenta-la realización de programas de innovación educativa, experiencias e estudos de carácter pedagóxico.
Establecer relacións de colaboración cos equipos docentes e demais servizos educativos do Centro.
Informar ós membros da comunidade educativa dos plans de estudo, actividades profesionais e Centros educativos existentes.
|