Skip to Content

Extraescolares e Complementarias

12 de novembro, magosto no colexio.

Un magosto magnífico co sabor da Galicia profunda, auténtica... con música galega, castañas asadas, mandarinas, xogos e moita convivencia sana. Houbo que manter as dúas quendas de recreo como todos os días para seguir cos preto de 100 nenos e nenas en cada un dos tres patios que temos. 

 
   
   

 E o bo tempo acompañou, polo que a experiencia foi moi positiva. Clicade nas imaxes para amplialas.

O Samaín no colexio Fleming

Chega o Samaín coa súa decoración, concurso de relatos e debuxos, caixa de comemedos, actividades de Halloween co profesorado de inglés...

Na imaxe tedes ao alumnado gañador do concurso. Clica para ver os traballos.

Sempre tedes toda a información nos blogues de dinamización da biblioteca e/ou de galego. 

Actividade do Parque Nacional das Illas Atlánticas con visita especial hoxe no centro.

Dous grupos do colexio tiveron hoxe a visita do director do Parque Nacional e da delegada territorial da Xunta en Vigo, dentro das actividades didácticas programadas nesta semana. Neste curso escolar as actividades son realizadas nas aulas.

Eliminación da violencia de xénero.

O alumnado traballou cos pilares básicos CRIL para a eliminación da violencia de xénero. CONFIANZA, RESPECTO, IGUALDADE E LIBERDADE.  

O grupo de 6ºA puxo en boca de algún rapaz ou rapaza debuxado por eles mesmos algúns aspectos que consideraban moi importantes.

Acollida do novo alumnado de Vilalaura.

O alumnado de 6º curso cunha representación de monicreques e o de 1ºC e 1ºD con bailes do mundo, reciben con todo agarimo e dan a benvida ao alumnado de Vilalaura de 5 anos que ven acompañado polas súas magníficas profesoras.

Logo visitan as aulas e diferentes dependencias... nunha xornada especial para todos os participantes. 

Graciñas, vémonos en setembro!!

Visita do alumnado de 5º a Santiago.

       

Magnífico percorrido do alumnado de 5º por Santiago.

  

Aprendendo todo sobre a Reconquista de Vigo.

b4d29094-a6e2-4c42-8ad7-3ddb71899e1c.jpg

O alumnado de 5º curso coñece a Reconquista de Vigo, visitando os lugares de interese na cidade e coñecendo con máis detalle as figuras históricas importantes recollidas nos papeis da Casa Galega da Cultura.

Na foto superior están os grupos de 5ºA e 5ºB, e na inferior os de 5ºC e 5ºD.

Clica para ver máis fotos.

O entroido no Museo Liste.

O alumnado de 4º visita o Museo Liste para afondar no coñecemento do entroido galego.

Fan avances sobre o tema, e traballan na creación de máscaras.

Clica para ampliar as imaxes.

   

O alumnado de 5º no teatro en inglés.

O alumnado de 5º do colexio, un total de 95 entre alumnos e alumnas, participaron na actividade de teatro en inglés, Tarzán de Afundación. 

 

O único sobrevivente é un bebé que será adoptado por unha parella de monos e convertirase en Tarzán. Mentres tanto, Jane Goodall, unha documentalista amante da natureza, e o seu prometido, Archibald Porter III, cazador, están de expedición na xungla co seu equipo (persoas afortunadas do público que podedes ver na imaxe)...

Centro interpretación das Illas Atlánticas.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

O alumnado de 5º visita o centro de interpretación das Illas Atlánticas situado no edificio Cambón. Enlace a materiais.

Para ver máis fotos, vai á galería e accede a ampliar as que desexes ou CLICA Aquí para que pasen despacio elas solas.

Intercambio cultural en Soutomaior.

Intercambio cultural no castelo de Soutomaior. Grupos de 5ºA, 6ºB e 6ºD.

Avións de papel de Xavier Estévez.

Tivemos unha xuntanza co escritor do libro do libro de lectura que traballaron en 6º, Avións de Papel, de  Xavier Estévez.

Visita a illa de San Simón do alumnado de 4º.

Experiencia abraiante e con diversos medios de transporte para o alumnado de 4º. Clica nas imaxes, para ver as fotos máis grandes.

Susa Herrera co alumnado maior do colexio.

O día 8 de xuño volve Susa Herrera polo colexio para bailar e cantar co alumnado de 4º, 5º e 6º. 

Visita da escritora Ledicia Costas e do ilustrador Andrés Meixide.

Naia de 3º faise inventora como a Señorita Bubble, e amosa o seu traballo. 

Volvemos a recibir a Ledicia Costas, para falar e compartir experiencias sobre os libros que estiveron a ler "A señorita Bubble" e "Escarlatina a cociñeira defunta"... e tivemos a sorte de recibir a Andrés Meixide, antigo alumno e ilustrador da señorita Bubble

Clica sobre as imaxes para amplialas.

Distribuir contido


by Dr. Radut