Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). Clica para ler
*Artigo 4 recolle a consideración de membros computables da unidade familiar.
|
Se tedes dúbidas contactade co centro no teléfono xeral 886 120909
O prazo para presentar a solicitude comeza o día 20 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).
|
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. PREFERIBLEMENTE POR VÍA ELECTRÓNICA. CLICA.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As familias que desexen xustificante da entrega deste documento, deben presentar copia da primeira folla.
A presente orde integra nun formulario as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino:
- Fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
- Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria
- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.
Ler na orde os detalles. Exercicio fiscal 2021
Anexo I e anexoII para a entrega manual en secretaría.