Fomentar o emprego da Lingua Galega por parte de todos os membros da comunidade educativa, respectando a quen utilice outra lingua.
Promover e potenciar todas as actividades e situacións que poidan contribuír á normalización da nosa lingua.
Potenciar a comunicación escrita en Lingua Galega.
Recuperar e potenciar as festas e xogos populares: o magosto, o Entroido, os Maios....
Recoller e espallar a literatura popular.
Levar a cabo un tema monográfico na semana das Letras Galegas.
Aumentar o interese pola lingua e a cultura galega a través da rede.
Incrementar o material de lectura e consulta en Lingua Galega co fin de potenciar a biblioteca de literatura galega e fomentar a súa utilización.
Fomentar, a través dos xogos e outras actividades lúdicas, o uso do galego nas actividades informais do alumno.
Potenciar o intercambio de experiencias entre alumnos/as propiciando a práctica do discurso oral en galego.
Animar ao alumnado a escribir en galego e fomentar a súa creatividade.
Representar pequenas obras de teatro en Lingua Galega para que os alumnos/as se familiaricen pouco a pouco cos nosos escritores.
Poñer o alumnado en contacto coas raíces culturais de Galiza e coa realidade actual.
Conmemorar a Semana das Letras Galegas realizando en tódalas áreas as actividades en Lingua Galega.
Realizar murais e carteis para animar ó emprego da Lingua Galega.
Visitar museos e obradoiros para conseguir unha maior sensibilización por parte dos alumnos nos distintos aspectos da cultura galega.
Colaborar na revista escolar "Esquío" usando a nosa lingua.
Fomentar a participación naqueles concursos que máis se axeiten a programación.
Introducir o alumnado ás novas tecnoloxías en Lingua Galega.
Achegar o alumnado e profesorado aos recursos e ferramentas da rede en galego.
|