Skip to Content

Dinamización da lingua galega

COORDINADORA DO EQUIPO

MEMBROS DO EQUIPO

 

Rebeca Ferrín

 

Mª Isabel Prieto Prieto

María Salinas García

Cristina Franco González

 Mº Pilar González 

Blanca forja Ramos

OBXECTIVOS

Fomentar o emprego da Lingua Galega por parte de todos os membros da comunidade educativa, respectando a quen utilice outra lingua.

Promover e potenciar todas as actividades e situacións que poidan contribuír á normalización da nosa lingua.

Potenciar a comunicación escrita en Lingua Galega.

Recuperar e potenciar as festas e xogos populares: o magosto, o Entroido, os Maios....

Recoller e espallar a literatura popular.

Levar a cabo un tema monográfico na semana das Letras Galegas.

Aumentar o interese pola lingua e a cultura galega a través da rede.

Incrementar o material de lectura e consulta en Lingua Galega co fin de potenciar a biblioteca de literatura galega e fomentar a súa utilización.

Fomentar, a través dos xogos e outras actividades lúdicas,  o uso do galego nas actividades informais do alumno.

Potenciar o intercambio de experiencias entre alumnos/as propiciando a práctica do discurso oral en galego.

Animar ao alumnado a escribir en galego e fomentar a súa creatividade.

Representar pequenas obras de teatro en Lingua Galega para que os alumnos/as se familiaricen pouco a pouco cos nosos escritores.

Poñer o alumnado en contacto coas raíces culturais de Galiza e coa realidade actual.

Conmemorar a Semana das Letras Galegas realizando en tódalas áreas as actividades en Lingua Galega.

Realizar murais e carteis para animar ó emprego da Lingua Galega.

Visitar museos e obradoiros para conseguir unha maior sensibilización por parte dos alumnos nos distintos aspectos da cultura galega.

Colaborar na revista escolar "Esquío" usando a nosa lingua.

Fomentar a participación naqueles concursos que máis se axeiten a programación.

Introducir o alumnado ás novas tecnoloxías en Lingua Galega.

Achegar o alumnado e profesorado aos recursos e ferramentas da rede en galego.

REFERENCIA LEXISLATIVA SOBRE LINGUA GALEGA

Lei 3/1983, do 15 de xuño (DOG do 14 de xullo), de Norrmalización Lingüística.

Decreto 124/2007, do 28 de xuño (DOG do 29 de xuño), polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo.

Orde do 1 de abril de 2005  (DOG do 14 de abril) pola que se regulan os cursos de formación en Lingua Galega e as validacións correspondentes.

Orde  do 16 de xullo de 2007 (DOG do 30 de xullo), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da Lingua Galega (Celga).



page | by Dr. Radut