Obxectivos do Departamento de Orientación
EN RELACIÓN COS ALUMNOS |
EN RELACIÓN COS PROFESORES |
Detectar, valorar, orientar e facer un seguimento do alumnado con necesidades educativas especiais. Axudar ós alumnos no seu autocoñecemento e maduración. Atender especialmente ós alumnos que precisen máis axuda. Tentar acadar un modelo acabado de integración social dos nenos inmigrantes estranxeiros, tendo en conta unha adaptación do currículo á educación intercultural. Ensinar ós alumnos a planifica-lo seu traballo. Desenvolver nos alumnos hábitos de traballo e estudo. Detectar a idade temperá aqueles nenos que presenten ou podan presentar dificultades na aprendizaxe. |
Centralizar no departamento de orientación toda a problemática e información referente ós alumnos con necesidades educativas especiais. Ofrece-lo material pedagóxico que precisen. Ofrecer asesoramento psicopedagóxico. Cooperar na planificación de programas transversais que permitan recoller, integrar e enriquece-lo bagaxe cultural do diverso alumnado do Centro. Colaborar no desenvolvemento do Plano de Acción Titorial (PAT). Asesorar e colaborar no seguimento de alumnos con necesidades educativas especiais. Colaborar na avaliación das necesidades do Centro e informar sobre as mesmas. Colaborar na coordinación entre ciclos. Colaborar na cooperación entre titores e especialistas. Colaborar na coordinación entre o Centro e a E.E.I. “VILALAURA”. Colaborar na coordinación entre o Centro e o I.E.S. “do CASTRO”. Estudar conxuntamente as técnicas, materiais, metodoloxía e procedementos para mellora-la comprensión lectora. Asesorar ós profesores na realización das adaptaciónscurriculares. Asesorar e colaborar na atención a nenos que presenten algún problema de conduta. |
EN RELACIÓN COS PAIS/NAIS |
EN RELACIÓN COA COMUNIDADE |
Explicar e delimita-la función orientadora. Proporcionar información referente ó Centro, a educación dos seus fillos, ó departameno de orientación. Tratar de implicar ás familias na educación dos seus fillos. Cando as circunstacias o precisen, facer unha reflexión conxunta con pais e profesores sobre a educación dos nenos. Determina-lo tipo de colaboración que, neste senso, debe existir entre as familias e os profesores. Fomentar nos pais unha actitude reflexiva cara ós temas educativos, que lles leve a unha crítica coonstructiva das propias actuacións cos seus fillos. |
Cooperar na organización da acollida para os alumnos que se incorporan por primeira vez ó sistema esolar ou á nosa escola. Promove-la optimización dos procesos de ensinanza–aprendizaxe, facilitando que se desenvolvan nas mellores condicións. Propicia-la aplicación de novas tecnoloxías educativas e metodolóxicas de traballo para o profesorado e o alumnado. Fomenta-la realización de programas de innovación educativa, experiencias e estudos de carácter pedagóxico. Establecer relacións de colaboración cos equipos docentes e demais servizos educativos do Centro. Informar ós membros da comunidade educativa dos plans de estudo, actividades profesionais e Centros educativos existentes. |