Skip to Content

RECORDATORIO CORREO COMEDOR

Recordar que as menxases de comedor deberán ser enviadas ao email:

comedor.cep.fleming@edu.xunta.gal

 

 

CHEGA SAMAÍN!

O próximo martes 31 de outubro celebraremos no

CEP Dr. Fleming "O Samaín". O alumnado poderá

vir disfrazado ao centro coa temática de Samaín.

Procurar non traer accesorios que sexan

perigosos (espadas, coitelos, etc.)

Nas aulas que fagan merenda procurade traer

produtos saudables relacionados co outono ou

postres relacionados co Samaín.

ABRIMOS A BIBLIOTECA!

Con motivo da celebración do día das bibliotecas (24 de outubro), abrimos a biblioteca do noso centro. Cada aula terá asignada no seu horario unha hora para baixar á biblioteca e poder facer empréstitos ou poder empregar tódolos recursos cos que consta.  Os encargados de biblioteca realizaron un vídeo para recordar a todo o alumnado as normas da nosa biblioteca.

Podedes velo no seguinte enlace

 

 (pincha na imaxe)

PXA CEP Dr. Fleming 23-24

O día 10 de outubro foi aprobada polo Claustro e o Consello Escolar a Programación Xeral Anual (PXA), que recolle a organización do centro para o curso académico 2023-24.

(clica na imaxe para acceder ao documento)

 

Nesta data tamén foron aprobados o días NON lectivos: venres 13 de outubro de 2023 e Luns 20 de maio de 2024.

Calendario

IMPORTANTE COMEDOR: FOLLA DE DOMICILIACIÓN

IMPORTANTE COMEDOR

A empresa de comedor nos envía a folla de domiciliación do pago do mesmo. As familias que fagades uso de comedor deberedes entregar cuberta a seguinte folla, incluíndo o número de conta, na secretaría do centro ( os GRATUITOS non deberedes entregar). Compre entregalo canto antes.

Podedes imprimilo e traelo o centro ou mandalo a través do alumnado. Tamén podedes pedir a folla en secretaría.

DOMICILIACIÓN (CLICLA PARA DESCARGAR O DOCUMENTO)

 

CIRCULAR INICIO DE CURSO

No seguinte enlace podedes acceder á circular de inicio de curso, que recolle normas de organización do centro.

                                                      CIRCULAR INICIO DE CURSO

PRESENTACIÓN ARAMARK

Presentación da nova empresa de xestión do comedor: ARAMARK

AVISO COMEDOR

Xa están colgadas as listas do alumnado admitido en comedor. O alumnado NON admitido (non zona) será avisado unha vez queden prazas.

Importante: o alumnado que o primeiro día, 11 de setembro, NON vaia facer uso do servizo de comedor, deberá notificalo o venres día 8,  telefonicamente (886120909) ou a través do e-mail (cep.fleming@edu.xunta.gal).

REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO NOVO

Reunión informativa familias de alumnado novo do centro 

Data: 11 de setembro 2023       Hora: 11:30

Lugar: usos múltiples

O luns día 11 de setembro, as 11:30, terá lugar unha reunión informativa para as familias do alumnado novo do centro (alumnado de 1º EP e alumnado do resto dos cursos que sexa novo no centro)

 

INICIO DO CURSO 2023-2024

1. Libros de texto   

A partir do día 1 de setembro retomaremos a entrega dos vales de libros do 1º ciclo e material de todo o centro.

Os listados definitivos dos libros do Fondo (de 3º a 6º) pódense consultar na entrada do centro. Os libros entragranos os/as titores/as os primeiros días de clase.

 

2. Comedor

O alumnado usuario de comedor do pasado curso, que aínda non entregou a solicitude do curso 2023-24, terá de plazo ata o MARTES 5 DE SETEMBRO. 

O listado definitivo de admitidos será aprobado polo Consello Escolar o mércores día 6. Logo da reunión publicaranse no interior da entrada superior.

 

3. Axudas ACNEAE

CLICA PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN

Se tedes libros de 3º e 5º que desexedes entregar ao fondo, podedes traelos a secretaría para ser  aproveitados dende as titorías.

SOLICITUDES COMEDOR

AVISO

O xoves día 13 de xuño será o último día para entregar as solicitudes de comedor. As familias que queden pendentes poderán entregalo a partir do 1 de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut