Skip to Content

Imaxe do grupo gañador do 2º premio pola igualdade co seu cartel

O alumnado de 5ºB elaborou un cartel para o concurso do 8M, día da muller, e resultou gañador do 2º premio.

Mestra organizadora Elena González Domínguez

 VER TODOS OS CARTEIS.

 Todos os participantes do premio de carteis da Consellería de Emprego e Igualdade do día 8 de marzo, día da muller.

Contactos estreitos COVID 19 no ámbito educativo

Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud  chegou a un acordo a partir do cal se elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.

Data implantación en Galicia: luns 7 de marzo de 2022 (tendo en conta os días lectivos, a partir de maña 05/03/2022 xa NON será necesario identificar contactos estreitos do ámbito educativo)

Actuación ante contactos estreitos identificados antes da implantación deste acordo: suspenderanse as medidas de corentena/vixilancia indicadas previamente e pasaran a aplicarse as medidas recollidas neste documento.

Recomendacións preventivas para contactos estreitos da COVID-19 a partir do 7/3/22:CLICA.

Feliz entroido a toda a comunidade escolar.

A partir do día 1 de marzo comeza o periodo de admisión. Clica para ler máis.

O día 8 de marzo temos a última xornada de portas abertas, anotádevos!!

Organización do venres 25 de febreiro, actos do entroido

Organización aproximada dos actos do entroido do venres día 25 de febreiro.

Estaremos en directo dende o facebook da biblioteca. 

Comunicádeos por teléfono ou ao correo electrónico se tedes algunha dúbida e/ou precisades ter máis información. Feliz entroido!!

 

Xornada especial de entroido con chocolate con churros

A nosa magnífica asociación de nais e pais do colexio sorprendeu co magnífico agasallo de chocolate con churros quentiño para todo o alumnado, e fixo que a xornada de entroido do martes 22 de febreiro fose superespecial. 

   

As imaxes superiores son no patio de Amor Ruibal (patio1) e as inferiores no da rúa Ourense. Se clicades veredes as imaxes ampliadas. 

Comeza a preparación do entroido no Fleming

Todo preparado para coñecer as mensaxes do MECO para cada día, que debedes seguir para ser bos e boas camiñantes no entroido do colexio.

 

Para ler as mensaxes máis preto... clica aquí.

Todo o alumnado celebra o día da PAZ cunha semana de mensaxes para traballar día a día.

 

Este ano celebramos a semana da paz coas mensaxes que se foron sumando día a día na entrada e nas subidas ás aulas facendo un camiño. Paz traballada no proxecto de centro sobre o Camiño de Santiago.

Xornada de portas abertas para coñecernos un pouco máis...

 Enlace á aplicación ADMISIONALUMNADO. (abre no prazo)

 Lexislación do proceso.

NIVEL EDUCATIVO  (PRIMARIA)

CURSO

CURSO

CURSO

CURSO

CURSO

CURSO

20 libres e  12*

21

9

4

0

3

 Prazas ofertadas no Fleming

PROCESOS

PRAZOS

PRAZO RESERVA

CENTROS ADSCRITOS

11 XANEIRO - 8 DE FEBREIRO

EEI Vilalaura   CEP Dr Fleming

CEP Dr Fleming   IES do Castro

ANEXO I

ED550A

PUBLICACIÓN DE VACANTES

LÍMITE O DÍA 1 DE MARZO

PRAZO ADMISIÓN

SOLICITUDE DE PRAZA

no CEP Dr FLEMING

DO 1 - 21 DE MARZO

ANEXO II e fotocopia do Libro de Familia

ED550B

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

LISTAXES PROVISIONAIS

ANTES DO 25 DE ABRIL

LISTAXES DEFINITIVAS

ANTES DO 15 DE MAIO

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

20 – 30 DE XUÑO

Logo da avaliación do curso 21-22

Vídeo para coñecer o colexio, explicado por nenos e nenas do propio centro.

O alumnado fai unha agarimosa presentación. Non a perdades!!

Visita dun grupo de alumnado de 4ºESO ao colexio.

Hoxe tivemos unha xuntanza da orientación do IES do Castro e un grupo do alumnado de 4ºESO, cun grupo de 6º do Fleming, como toma de contacto para a futura acollida neste instituto de todo o noso alumnado deste nivel.

Conversa no patio ao aire libre e coas máscaras.

  

Unha ledicia ver ao alumnado que marchou fai nada, xa en 4º da ESO... Graciñas por demostrar coa vosa experiencia que ir ao instituto é un paso natural, e que serán ben acollidos polos antigos alumnos do Fleming. 

Modificacións no seguimento de casos do COVID.

RESUMO DE NOVIDADES COVID Versión 6: 14/01/2022CLICA

PROTOCOLO PARA DETECCIÓN DA INFECCIÓN POR TEST RÁPIDO DE SALIVA

Achégase unha nova edición do PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO ÁMBITO EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA. 

Ten como obxectivo incorporar as modificacións no seguimento de casos e contactos aprobadas na “ADAPTACIÓN DE LA GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE LA APARICIÓN DE CASOS DE COVID-19 EN CENTROS EDUCATIVOS A UN CONTEXTO DE ALTA CIRCULACIÓN DE VIRUS SARS-CoV-2”, documento aprobado pola Ponencia de Alertas y Planes de Preparación y Respuesta e pola Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial o 08.01.22

ENLACE Declaración responsable de autotest positivo

  

Imaxes co esencial dos casos positivos soltos e cando hai acumulación nunha aula. Clica nas imaxes para amplialas.

Toda a información Covid anterior. CLICA AQUÍ.

Postais gañadoras do Nadal 2021-22

Clica na imaxes para amplialas.

Queda pouco para as coidadosas celebracións con familiares e amigos no Nadal. Polo colexio vamos dando os pasos necesarios para compaxinar os aspectos da programación do fin de trimestre con todas as actividades culturais e plásticas propias das datas.

E desexar que o ano 2021 leve o COVID para sempre.

 Felices Festas!!

Xiralibro anima á unidade da comunidade escolar no 25N

 O alumnado do Fleming participa no desexo da eliminación da violencia contra as mulleres facendo uns slogans nas titorías para compartir con toda a comunidade escolar. Neles recollen o seu rexeitamento a todo tipo de violencia e a súa esperanza de conseguir un mundo mellor para todas as persoas, sen diferencias entre homes e mulleres.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut