Skip to Content

Premio dos Polos Creativos

Hoxe unha representación do grupo de 3º acudiu coa coordinadora dos Polos Creativos a recoller o premio.

  

Moitas grazas a todas as persoas implicadas no traballo.

Premio dos Polos creativos para 3º

Clicade na imaxe para ver o vídeo do elaborado para os Polos:

Parabéns ao alumnado de 3º.

Acudirá a recoller o premio un representante de cada grupo. 

Axudas para libros e material 2023-24

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). Clica para ler

*Artigo 4 recolle a consideración de membros computables da unidade familiar.

     

Se tedes dúbidas contactade co centro no teléfono xeral 886 120909

 

O prazo para presentar a solicitude comeza o día 20 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. PREFERIBLEMENTE POR VÍA ELECTRÓNICA. CLICA.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 As familias que desexen xustificante da entrega deste documento, deben presentar copia da primeira folla.

A presente orde integra nun formulario as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino:

  • Fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria
  • Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

 Ler na orde os detalles. Exercicio fiscal 2021 

  Anexo I  e anexoII para a entrega manual en secretaría.

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2023-2024

O prazo comeza o día 8 de maio e remata o 20 de setembro.

Becas e axudas para o alumnado con necesidade de apoio educativo para o curso 23-24. Clica para ler a resolución.

CLICA PARA ACCEDER

Cuestionario de convivencia escolar

No marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 ponse en marcha a Enquisa de Convivencia Escolar 2023cuxo prazo de participación remata o 22 de maio. Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros públicos e privados concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Enlace con toda a información: https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/

"Recollida de datos para as familias" en https://edu.xunta.gal/convfamil

As familias logo de insertar a clave se fai chegar polos seus fillos e fillas, poderá cubrir a súa enquisa. É importante que completedes as preguntas para recoller a vosa opinión.

Enlace para que o alumnado DE 5º E 6º faga a súa enquisa. AQUÍ.

Actividades do Día do libro

Xuntanza lectora co EEI Vilalaura para celebrar o Día do libro con apadriñamentos lectores. Clicade na imaxe para acceder a toda a información do blogue da biblioteca.

Montaxe do apadriñamento lector no propio centro. Clicade na imaxe. 

Magnífica xornada de convivencia lectora!! 

Semana de actualización de datos

Entregade a folla de actualización de datos asinada coa autorización de uso de imaxe e voz (parte traseira da folla) ao longo desta semana do 24 ao 28 de abril. 

Podedes presentala en directamente en secretaría ou enviala polo alumnado, pero debe vir dentro do seu plástico.

Ampliamos o prazo ata o día 5 de maio, e lembrade que o día 2 non é lectivo.

Preparados para a Reconquista de Vigo 2023

 O 28 de marzo de 1809, un alzamento popular logrou expulsar aos franceses e converteu a Vigo na primeira localidade de Europa que logrou expulsar ao exército de Napoléon dunha praza conquistada. O alumnado de 6º coñece a historia e os lugares destacados, e fai un percorrido con Pier, un soldado fránces, que complementa a saída coa súa particular aportación. Clica aquí para ver todas as fotos cedidas polo Concello.

   

Imaxe da visita de 6ºA e 6ºB                                  Imaxe de  6ºC-6ºD 

8 de marzo, día internacional da muller no Fleming

Hoxe facemos a foto das persoas gañadoras da imaxe en chapa do día da muller, unha chapa gañadora por aula e unha gañadora das gañadoras, que puxeron as mestras e mestres neste día 8 de marzo.

Falamos da loita da muller e de todo o que queda por conseguir para a igualdade... falamos tamén do que significa precisar un día internacional para tratar este tema, porque é importante facelos partícipes da idea de que nacer neno ou nena en calquera parte do mundo non debería limitar o futuro de ninguha persoa e que todos debemos facer o posible por traballar unidos para logralo.

Podcast da muller feito na radio escolar. CLICA.

Día de Rosalía de Castro

Gañadores e gañadoras do concurso de Poesía de Rosalia De Castro, (de 3º a 6º curso). O alumnado de 1º e 2º participou na modalidade de debuxo.

Podcast Celebración día de Rosalía: Clica

 Parabéns polo traballo!!

Para saber máis clicade aquí para ir ao blogue da biblioteca.

Plan de entrada para 3º e 4º durante a anulación da entrada inferior

ATENCIÓN. Quedará anulada (por un periodo dun mes aproximadamente) a porta inferior da rúa Ourense, a da entrada e saída de 3º e 4º.

Polo que as entradas e saídas destos niveis quedarán repartidas do seguinte xeito:

 

Mirade os planos superiores. Clicade para ampliar.

O 3º nivel fará fila na entrada principal (con 1º e 2º) e sairá tamén por esa porta. As familias supervisarán dende a rúa Ourense para deixar más espazo ao alumnado.

O 4º nivel entrará e sairá polo patio 1 (Romil) co alumnado de 5º e 6º

Proceso de admisión

ESQUEMA DOS PRAZOS DE ESCOLARIZACIÓN.

O prazo de reserva (Vilalaura-Fleming-Ies do Castro) pechado. 

Prazo de admisión do 1 ao 20 de marzo

Reunión con visita guiada polas instalacións o martes día 7 de marzo ás 16:30h e o mércores 8 ás 10:00h (coa visita máis limitada segundo a ocupación das aulas e clases)

VACANTES  PRIMARIA

CURSO

CURSO

CURSO

CURSO

CURSO

CURSO

13 libres máis 12 de reserva aneae

12

24

7

2

0

 As solicitudes tramitaranse a través da aplicación:www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

Tedes a información no enlace. 

Manual de usuario.

 Clicade para ver un vídeo non moi antigo para que os peques teñan unha idea do que temos no colexio. 

Enlace ao portal de educación.

O desfile de entroido do Fleming 23

Imaxes agarimosas do acto do ENTRODIDO 2023, como veredes está todo "Un mundo de cores".

Graciñas ás familias pola magnífica colaboración, que fai posible que poida lucir o acto tan vistoso. 

    

     

     

   

 

O luns 13 comeza a semana do Entroido

  

Comeza o ENTROIDO amodiño coas mensaxes do Meco. O venres terá lugar pola maña o desfile de personaxes elixidas por nivel, dentro do proxecto dun mundo de cores.

Pola tarde a ANPA organiza unha festa no patio, para que todas as familias poidan participar cos seus fillos e fillas desta data tan especial.

Distribuir contido


by Dr. Radut