Skip to Content

Acollida do novo alumnado de Vilalaura.

O alumnado de 6º curso cunha representación de monicreques e o de 1ºC e 1ºD con bailes do mundo, reciben con todo agarimo e dan a benvida ao alumnado de Vilalaura de 5 anos que ven acompañado polas súas magníficas profesoras.

Logo visitan as aulas e diferentes dependencias... nunha xornada especial para todos os participantes. 

Graciñas, vémonos en setembro!!

Segunda charla para as familias sobre intelixencia emocional.

         

Volvemos ter a Raquel Pedroso para afondar sobre a intelixencia emocional, tema de moito interese para as familias que nos deixou con gañas de máis. 

Vémonos o mércores 5, ás 17:00h.

Podedes achegadar as vosas inquedanzas.

Visita do alumnado de 5º a Santiago.

       

Magnífico percorrido do alumnado de 5º por Santiago.

  

O Fleming espera con ilusión a apertura do novo espazo.

Vemos case rematado este pavillón de Romil... instalación desexada e esperada no barrio. 

Temos unha porta de entrada preparada para o noso alumando e esperamos ter axiña o paso interior arranxado. Mantemos a ilusión de que no inicio do próximo curso escolar podamos xa aproveitalo.

 

Conversas con Carlos Vila sobre "Hugo e o ladrón pastasma"

 

 

Carlos Vila Sexto comparte inquedanzas, responde preguntas e fala das súas experiencias co alumnado de 6º, logo de traballar sobre o seu libro.

Xesto de compromiso co autismo o 2 de abril.

O profesorado do colexio Fleming súmase á campaña para crear unha sociedade máis acolledora para as persoas con autismo.

O xesto é o de infinito, que representa o noso compromiso neste 2 de abril, día mundial do autismo.

Clica nas imaxes, para saber da campaña, e ver o vídeo do profesorado.

   

Aprendendo todo sobre a Reconquista de Vigo.

b4d29094-a6e2-4c42-8ad7-3ddb71899e1c.jpg

O alumnado de 5º curso coñece a Reconquista de Vigo, visitando os lugares de interese na cidade e coñecendo con máis detalle as figuras históricas importantes recollidas nos papeis da Casa Galega da Cultura.

Na foto superior están os grupos de 5ºA e 5ºB, e na inferior os de 5ºC e 5ºD.

Clica para ver máis fotos.

Premio de Acqualia no grupo de 4ºC

  

 

 

A titoría de 4ºC do colexio, acompaña a alumna gañadora desta aula, Naia Núñez Alonso, ao evento relacionado co Día Mundial da Auga, no Auditorio Mar de Vigo, neste acto entréganse os premios de Acqualia.

 

Novas do paso ao polideportivo de Romil.

O día de hoxe,venres 22 de marzo, a dirección do colexio e membros da ANPA e Consello Escolar reuníronse no colexio co Concelleiro de deportes e diversos técnicos das concellerías de educación, obras e deportes, para tratar de analizar o punto no que nos atopamos, os pasos dados, e os prazos para conseguir o mellor acordo para que o alumnado use as instalacións de xeito seguro.

A información recibida, vai encamiñada a resolver satisfactoriamente esta problemática. 

Actualizaremos por esta canle a información dos pasos e os prazos que se nos vaian comunicando.

Gañadoras e gañadores do reto matemático 2019

Na imaxe tedes ao alumnado gañador do reto matemático.

Para ler máis no blog da biblioteca, CLICA.

Clica para ver as solucións ao reto.

Preocupación no colexio Fleming ante o remate das obras do polideportivo de Romil.

 

 

 

A Comunidade Educativa do Fleming está preocupada pola falta de información referida ao paso do alumnado do colexio ás instalacións do polideportivo de Romil.

Nas reunións de seguimento con técnicos do Concello, técnicos da obra de Romil e membros do Consello Escolar, valórase a posibilidade do cambio da ubicación dos baños (que aparecen na imaxe) para facer internamente un paso seguro nesa zona sen ter que pasar pola beirarúa co alumnado de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. 

Esta posibilidade segue a non ter resposta por parte do Concello e as obras avanzan a bo ritmo, polo que solicitamos unha resposta satisfactoria para as familias,  profesorado e resto da Comunidade Escolar, por parte do noso alcalde, antes do remate final do polideportivo.

Premio Vigolancia Nadal 2018

Marco Facal Pérez-Herrera, recibe o galardón de Vigolandia das mans do noso alcalde o día 11 de marzo.

Despedida de 6º do Fleming

O día 1 de xuño o colexio celebra o seu acto de despedida de 6º de Primaria no auditorio do Concello de Vigo ás 16:30h.

O crebanoces, do Ballet Imperial Ruso, con alumnado do Fleming.

Unha nai do colexio achegounos un material visual onde participa algún alumnado noso invitado polo Ballet Imperial Ruso para participar en "El Cascanueces" que se celebró el 1 de febrero.

Teredes unhas imaxes no taboleiro do Faro do Fleming na entrada.

Para ver unha parte da obra en vídeo, clicade na imaxe.

O entroido no Museo Liste.

O alumnado de 4º visita o Museo Liste para afondar no coñecemento do entroido galego.

Fan avances sobre o tema, e traballan na creación de máscaras.

Clica para ampliar as imaxes.

   

Distribuir contido


by Dr. Radut