Skip to Content

Entroido no Fleming.

O entroido deste curso súmase ao proxecto da "Volta ao Mundo". Tedes na entrada o meco, coas súas peticións.

Neste primeiro andar, hai decoración referida á cultura da China, e no andar inferior sobre a Festa da Primavera, Holi, na India. Teremos nenos e nenas que se visten de mexicanos, de españois, de indios americanos, de masais... Da gusto xuntar diferentes culturas coa festa galega máis divertida, o entroido, sempre dende o respecto a diversidade, e con moitísimo cariño.

Enlace ao traballado sobre CHINA. ETIOPÍA. ARXENTINA en cursos anteriores, coa magnífica colaboración das familias.

E... non esquecemos o entroido noso, o de Galicia.

Un pai do colexio, deunos unha sorpresa...

O alumnado de 5º no teatro en inglés.

O alumnado de 5º do colexio, un total de 95 entre alumnos e alumnas, participaron na actividade de teatro en inglés, Tarzán de Afundación. 

 

O único sobrevivente é un bebé que será adoptado por unha parella de monos e convertirase en Tarzán. Mentres tanto, Jane Goodall, unha documentalista amante da natureza, e o seu prometido, Archibald Porter III, cazador, están de expedición na xungla co seu equipo (persoas afortunadas do público que podedes ver na imaxe)...

As persoas gañadoras da postal máis chula do seu nivel.

Graciñas por participar.

Temos a entrada moito máis bonita coas vosas postais. É moi agradable ver as paredes cheas de ilusión, cariño e bos desexos. 

Postais seleccionadas, unha delas viaxará as vosas casas.

Pasade a ver todas as postais na entrada, nesta imaxe están as seleccionadas por nivel.

Achégase un merecido descanso, logo dun duro trimestre. Felices Festas!!

Día da discapacidade.

O luns día 3 de decembro celebramos no colexio o día da discapacidade.

20181203_121139.jpg  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

A  ONCE de Vigo, colaborou co departamento de orientación do centro, mandando a mensaxe do día da discapacidade en braille e emprestou materiais para que o alumnado os coñecese.

 Estes materiais estarán uns días máis na biblioteca xunto cuns panos para tapar os ollos e sentir como o alumnado cego podería manexar este material adaptado para uso escolar.

CLICA para ver máis fotos.

Charlas para familias.

Neste curso escolar organizamos unhas charlas para as familias:

É importante ter unhas Claves educativas compartidas por familias e escola, para actuar dun xeito conxunto e máis eficaz.

1.- RISCOS EN INTERNET...... Día 4 de decembro, ás 17:30h dentro do Plan director.

2.- NORMAS E LÍMITES.... Día 19 de decembro ás 17:00h na Escola de pais e nais.

 

Centro interpretación das Illas Atlánticas.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

O alumnado de 5º visita o centro de interpretación das Illas Atlánticas situado no edificio Cambón. Enlace a materiais.

Para ver máis fotos, vai á galería e accede a ampliar as que desexes ou CLICA Aquí para que pasen despacio elas solas.

Inicio do programa TEI co alumnado de 5º e 3º no curso 2018-19.

Coa SESIÓN INFORMATIVA ás familias de 5º e 3º cursos, comeza o Programa TEI no colexio un ano máis.

PARA VER UN VÍDEO SOBRE O TEMA CLICA.

 

ENLACE ÁS ACTIVIDADES DO PROGRAMA TEI DO CURSO PASADO.

Alumnado con mención honorífica en 6º.

Clica na imaxe para ver ao 24% de alumnado de 6º curso que obtivo de media na avaliación ordinaria 9 ou superior.

Segundo o criterio do centro son os que levan a mención honorífica.

Parabéns tamén ao resto do alumnado que tamén traballou arreo e non puido levala. 

Intercambio cultural en Soutomaior.

Intercambio cultural no castelo de Soutomaior. Grupos de 5ºA, 6ºB e 6ºD.

Avións de papel de Xavier Estévez.

Tivemos unha xuntanza co escritor do libro do libro de lectura que traballaron en 6º, Avións de Papel, de  Xavier Estévez.

Visita a illa de San Simón do alumnado de 4º.

Experiencia abraiante e con diversos medios de transporte para o alumnado de 4º. Clica nas imaxes, para ver as fotos máis grandes.

Susa Herrera co alumnado maior do colexio.

O día 8 de xuño volve Susa Herrera polo colexio para bailar e cantar co alumnado de 4º, 5º e 6º. 

Visita da escritora Ledicia Costas e do ilustrador Andrés Meixide.

Naia de 3º faise inventora como a Señorita Bubble, e amosa o seu traballo. 

Volvemos a recibir a Ledicia Costas, para falar e compartir experiencias sobre os libros que estiveron a ler "A señorita Bubble" e "Escarlatina a cociñeira defunta"... e tivemos a sorte de recibir a Andrés Meixide, antigo alumno e ilustrador da señorita Bubble

Clica sobre as imaxes para amplialas.

Hoxe tivemos a visita do antigo alumnado.

Hoxe é tamén outro día importante dentro do 50 aniversario, tocaba recibir ao antigo alumnado (antigo é un dicir, na mellor idade da vida, na que tes experiencia pero eres moi novo). Se mirades as fotos entenderedes o que quero dicir.

 O alumnado de 6ºD demostrou que sacan todo adiante, as materias curriculares, os proxectos e as obras de teatro. Parabéns... os antigos alumnos e alumnas, profesores e as vosas familias quedaron abraiados!! 

Onte Ana Caride, traballadora do centro, sorprendeunos a todo o profesorado cunha tarta e unhas pastas para a celebración do 50 aniversario. Tarta preciosa, e riquísima!!

  

CLICA SOBRE A IMAXE PARA FACELA MÁIS GRANDE.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut