Este ano o entroido estivo cheo de virus, bacterias, científicos, especialistas en diversos campos da sanidade, menciñas e ata houbo un cambio de garda que sorprendeu a todos... Todo dentro do proxecto "O doutor Fleming e a ciencia".
O luns 5 comeza a preparación para o entroido 2018 coas mensaxes do meco, dentro do proxecto "O doutor Fleming e a ciencia". Se clicades na imaxe dos mandatos podedes ampliala un chisquiño máis.
O venres 9 teremos no colexio o desfile dos diferentes cursos coas súas temáticas.
Postais gañadoras por curso, unha delas é a que viaxou ás casas das familias portando todo o cariño e os mellores desexos para estas datas. Non puido sair na foto o gañador de 2º, Yago Díaz Pérez.
Unha aperta especial para os antigos directores de colexios públicos que participaron nesta iniciativa: Félix Álvarez, Carlos Álvarez, Jose Luís Santalices e Luís Barbosa. Graciñas compañeiros!!
O alumnado de 2º curso visitou o día 3 de novembro Apípolis, para mellorar o coñecemento sobre o medio natural e valorar a importancia de todos os seres vivos.
Completa a información nos blogs do profesorado deste curso. CLICA 2ºA
O día 26 de outubro os grupos de 5ºB e 5ºD participan nunha actividade na Praza do Rei, impulsada por Alento, asociación do dano cerebral ubicada en Vigo.
Dentro da semana do dano cerebral do 23 ao 30 de outubro, chea de actividades de información e sensibilización para que se coñeza esta realidade.
CONCEDIDAS AS 8 SECCIÓNS BILINGÜES. En 1º e 2º curso a plástica será en inglés, polo que engadimos unha mellora no afondamento do coñecemento deste idioma nestes cursos.
ORDE do 12 de maio de 2011 pola que se regulan as seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario.CLICA
O grupo de 5ºA é o GAÑADOR do concurso Rumbo ás illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas,co seu relato e foto-escena titulada "Un secuestro nas illas".
Os participantes de 5ºD reciben no colexio o ACCESIT na categoría de 5ºcurso.
Carteis de Casares elaborados no colexio e que presentamos ao concurso. Van ordeados, clica para acceder ao contido. Parabéns a todos os colaboradores. Clica para facer as ACTIVIDADES.