Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por primeirociclo
22/02/20

 

 Durante esta última semana tivemos que alternar disfraces con murais de Rosalía. O día 24 de febreiro é o día de Rosalía  pero... estamos de vacacións de entroido.  A pesar de andar apurados cos disfraces quitamos un pouco de tempo para conmemorar o Día de Rosalía. Traballamos sobre a proposta de Escritores e escritoras en Lingua Galega baixo o lema ERRANTES POLO MUNDO.

Os alumnos/as buscaron debuxos e trouxeron fotos relacionados coas migracións en todos os seus aspectos (a soidade de quen fica, a morriña de quen vai, a dor, o medo, ...) e despois puxeron como pé de foto versos de Rosalía.

 

MURAL DE 1º E 2º NIVEL

 

 

MURAL DE 3º E 4º NIVEL

Encheron o corredor de fotos e escribiron os poemas  na cara de Rosalía.

Situaron fotos de familiares nos lugares onde se atopan e escribiron os poemas de Rosalía nos barcos. 

ç

 

 MURAL DE 5º E 6º NIVEL

Fixeron unha exposición de moedas, billetes e  postais dos lugares onde se atopan migrados familiares.

 

 

Etiquetas:
Por fabrito
19/02/20

Etiquetas:
Por terceirociclo
11/02/20

 Boas tardes,

Con motivo do entroido, pedimos colaboración ás familias para rematar os disfraces, os cales xa levaron os nenos e nenas hoxe para casa.

Adxuntamos a imaxe como axuda para a súa elaboración. Aconsellamos non empregar silicona quente porque podería estropear o material. O máis práctico sería coselos ou utilizar silicona fría (no caso de tela).

Lembrade soamente coser ou unir os ombreiros e laterais (deixando un oco para os brazos)

 

Grazas.

 

Etiquetas:
Por fabrito
10/02/20

Unha das festas más agardadas no noso colexio é o ENTROIDO. Os nosos  disfraces é un segrego que non vos podemos desvelar ata o día do desfile. Agardámosvos o 21 de febreiro polas rúas de Salvaterra. Para ir facendo boca, partillamos con vós os traballos que fixemos  para decorar as nosas corticeiras. Gústanvos?

Etiquetas:
Por primeirociclo
07/02/20

 

O pasado 30 de xaneiro celebrouse o "Día escolar da paz e non violencia". Na clase de Relixión estivemos traballando o conto "A POMBA DONA PAZ". Dona paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo , nunha casiña ben linda. Cando amañece vai pasear para ver que cousas pasan no mundo, pero o que viu non lle gustou nada. Todo o que viu foron problemas, inxustizas e abusos; viiu xente que non tiña nada e durmía na rúa e outros moi ricos aos que todo lles sobraba;viu os mares cheos de lixo e as fragas queimadas; viu fábricas onde fabricaban armas e a xente que fuxía das guerras, da fame e as miserias, mulleres maltratadas... por iso decidíu falar con todos os nenos e nenas do mundo para que reflexionasen  sobre todo aquilo que non transmite paz e que deben cambiar.  Gustounos moito este conto. Non esquezades pasar pola biblioteca e lelo.

OS nenos/as de primeiro e segundo fixemos a pomba dona Paz. Mirade que chulas nos quedaron.  os nenos/as de sexto fixemos a nosa propia versión do conto.

 

 

 

Etiquetas: