Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por terceirociclo
24/03/20

Ola equipo!!!!

Como vai indo todo? Que vos está parecendo o proxecto desta semana? Agardo que estedes disfrutando e aprendendo moito.

Lembrade seguir coas rutinas diarias (escritura do voso diario de cuarentena, os vinte minutos de lectura ao día e estudar as palabras do concurso de ortografía) e ide enviando as tarefas ao email 3.ciclo.carlos.casares@gmail.com

Sabede que o sábado celebrouse o Día Internacional da Poesía? Convídovos a escribir un poema dando ánimos para sobre levar esta situación. Unha vez feitos, enviade o poema ao email e os compartimos aquí no blog. Pode ir acompañado dun debuxo. Comezo eu....

 

"Estamos tod@s en cuarentena,

pero non por iso imos morrer coa pena,

temos que ser positivos, 

xa que......"

 

Animadesvos a continuar? Ou facer un ao completo que sodes moi inxenios@s.

Veña, que xuntos sairemos desta!!! Pronto volveremos ás andadas, que se vos bota moito en falta!! Apertas virtuais para tod@s!!

 

Etiquetas:
Por Anónimo
24/03/20

Vimos hoxe desde Radio Saltamontes cun programa que emitimos o 13 de febreiro, día mundial da radio.

Este programa foi pilotado polo alumnado de 5º e 6º curso e xirou en torno á diversidade. Que palabra tan bonita e enriquecedora verdade? E resulta que hai tanta diversidade como cousas podemos ver, tocar, sentir… pero no noso programa centrámonos en 3 eidos fundamentais.

En primeiro lugar falamos da diversidade cultural, e máis especificamente da diversidade lingüística. En Galicia isto da diversidade lingüística sóanos un chisquiño, pero ademais este ano grazas ao Proxecto Rush, tivemos a oportunidade de coñecer a riqueza lingüística doutros puntos de Europa. 

En segundo lugar, falamos sobre as familias diversas, porque familias hai moitas, case tantas como casas. No primiero trimestre tivemos a sorte de contar cunha exposición no centro titulada “Familias no hay más que muchas” da que aprendemos un montón sobre outros tipos de familias.Con relación a este tema, aproveitamos para recomendarvos desde aquí o libro “Familiario” de Marian Pérez-Duarte, e que aquelas familias socias da rede de bibliotecas de Galicia, poderedes desfrutar desde a súa app gratuíta eBiblio.

Por último e para rematar o programa, falamos da diversidade sexual, un termo que vén a dicir que existen moitas maneiras de sentirse e de expresarse, e que o máis importante e estar agusto con cada un/ha de nós, e por suposto, respectar sempre as preferencias dos demais.

Esperamos que vos guste moito o programa e que aprendades tanto coma nós aprendemos traballando nel.

 

BOA ESCOITA!

Etiquetas:
Por terceirociclo
23/03/20

Moi boas,

Comezan a chegar cousiñas do noso novo proxecto e queremos compartilas para ver se vos animan e vos dan ideas... vamos chicos, xa queda un día menos!!!!!

Paula 5º

 

Antía 5º

             

Carla 5º

 

Xián 6º optou por facer unha masa de pan doce, de seguro que desfrutou moito comendo as xoias máis ricas!

 SANTI 5º

IZAN 5º

 

CARLOS 5º

DANIELA 5º

 Nacho 6º

Seguide así!

Etiquetas:
Por terceirociclo
23/03/20

Aquí vos deixo máis mensaxes de ánimo para todos!!!

Unha aperta enooooooorme para todos!

Xa con moitas gañas de vervos...

 

 

 

Seguide mandando máis... necesitamos estas mensaxes máis que nunca!!!!!!!

Etiquetas:
Por terceirociclo
22/03/20

O proxecto Alxén polo mundo é un proxecto pensado para os alumnos de 5º e 6º de EP coa finalidade de aprender, xogar, utilizar as novas tecnoloxías das que dispomos, crear, coñecer e visitar outros lugares interesantes virtualmente, pero sobre todo, intentar sobre levar esta etapa tan complicada que nos tocou vivir, tanto alumnos como docentes e familias. 

 Con este proxecto tamén pensamos en facilitarvos ás familias o achegamento de tarefas, xa que consideramos que a diario pode chegar a ser estresante estar ao pediente de conseguir as tarefas, envialas e recibilas correxidas. 

 Somos conscientes que están a ser momentos duros para todos e non sabemos canto durará, polo que canto máis fácil vos poñamos as ferramentas máis doado será pasar este illamento.

 

Neste proxecto, cada semana viaxaremos a un lugar, onde pediremos unha serie de actividades que englobarán a maior parte das materias. Polo que as actividades que propoñenos no pdf adxunto deberán realizarse ao longo de toda esta semana.

 

Para levar a cabo ditas actividades, utilizade os recursos que dispoñades na casa, non vos preocupedes se algo non o podedes facer por non dispor de material (botarlle moita imaxinación, seguro que algo argallades…) Pero, sobre todo, disfrutade moito facéndoo, que vos axunden familiares, xa que o que pretendemos é entretervos aprendendo!

 

Pedimosvos na medida do posible que enviedes todas as actividades xuntas nun mesmo email para que a corrección sexa máis doada para nós (3.ciclo.carlos.casares@gmail.com) Lembrade que non é necesario imprimir o documento. Poñede no asunto a que mestra vai dirixido e o voso nome.

 

Unha aperta fortísima para todos os alumnos de 5º e 6º e para todas as familias.

 

Etiquetas: