Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por sonialago
03/02/20

O alumnado do 3º ciclo fixemos varios obradoiros de cociña. A mestra Luz foi a nosa Chef e nós cociñamos suculentas recitas seguindo as súas sabias recomendacións. Unha das receitas que máis éxito tivo foi a  das filloas.          

QUE SABOROSAS NOS QUEDARON!!!

A continuación tedes un vídeo dese obradoiro. Collede papel e boli e prestade moita atención se queredes aprender a cociñar estas filloas. De seguro que deleitaredes  aos vosos familiares e amigos.

 

Etiquetas:
Por fabrito
03/02/20

COMO CADA ANO ESTE CENTRO PARTICIPA NA ACTIVIDADE DE REPARTO E CONSUMO DE FROITA FRESCA. SOLICITÁRONSE DOUS PERÍODOS PERO SÓ SE NOS CONCEDEU UN.

ESTA ACTIVIDADE LEVARASE A CABO ENTRE OS DÍAS 3 E 14 DE FEBREIRO, AMBOS INCLUSIVE.

 

PARA LER A RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA, PREME SOBRE A IMAXE.

 

 

Etiquetas:
Por Anónimo
27/01/20

O martes da semana pasada vivimos unha xornada moi emotiva no Carlos Casares, con motivo do aniversario e da xubilación da nosa benquerida mestra Pilar.

No centro argallamos algunas sorpresiñas para despedila tal e como se merece: a lectura duns poemas por parte de todo o alumnado do centro, un acto moi especial no salón de actos e por suposto, na aula de 5º tamén celebramos unha pequena festiña onde non faltou nin o Champín!

 
Mestra Pilar, moitas grazas pola túa adicación á ensinanza, botarémoste moito en falta e esperamos que sexas moi, moi feliz!
 
PUBLICACIÓNS NOUTROS MEDIOS:
Etiquetas:
Por Anónimo
23/01/20

O pasado trimestre, o alumnado do IES de Salvaterra asistiu ao CEP Carlos Casares para visitar a nosa exposición de "O comedor". Foi o alumnado de 6º curso  o encargado de explicar cada unha das diferentes seccións que compoñían a exposición: os xogos de café, o salón-comedor, a louza, a cristalería, os aparellos eléctricos, a cociña e a mesa principal. 

Simultaneamente desenvolvéronse dous obradoiros máis: un de pregado de panos de mesa e outro de cociña, onde o alumnado puxo en práctica todas as súas habilidades manuais e culinarias. 

Deixámosvos un resumo con algunhas das fotos tiradas! Esperamos que non se vos poñan os dentes moi longos coas nosas suculentas sobremesas!

 

 

 

Etiquetas:
Por Anónimo
08/01/20

Boa tarde!

Como sabedes, o pasado mes, visitáronnos á escola o querido Apalpador e os Reis Magos de Oriente. Deixámosvos por aquí un pequeno vídeo así como as cartas que o nos nenos e nenas tivemos a oportunidade de lerlle as súas maxestades (ordenadas de 1º a 6º curso).

 

O APALPADOR

 

 CARTAS AOS RR. MM.

   

 
 
 
 
 
 
Etiquetas: