Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por Anónimo
19/12/19

Desde a biblioteca do CEP Carlos Casares desexámosvos un  Bo Nadal e unhas festas moi felices e deixámosvos unhas recomendacións aproveitando que o Apalpador está á volta da esquina!

 

 

BO NADAL!

Etiquetas:
Por Anónimo
18/12/19

Boa tarde!

Xa temos aquí o calendario 2020 que, como xa sabedes, este ano xira entorno ao proxecto do comedor. É por iso que as súas páxinas están enfeitadas cos fanásticos obxectos que formaron parte da nosa exposición, así como coas cabazas de Coco-Alxén e, como todos os anos, coas nosas familias, xuntadas neste caso arredor de mesas cheas de recordos e moito cariño. Premede sobre a imaxe para poder visualizalo:

 

Esperamos que vos guste tanto como a nós!

Etiquetas:
Por Anónimo
18/12/19

Boa tarde!

Aproxímase o Nadal e con el as celebracións no CEP Carlos Casares. E con tal motivo, e coa axuda da ANPA, xa temos a escola vestida coas súas mellores galas. Podedes ver as fotos con máis detalle en: https://photos.app.goo.gl/jkaWA8GXtj89A2SP9

 

O día de mañá, xoves 19 de decembro, ás 12 horas, terá lugar o festival que porá o punto e final a este trimestre, e contaremos coas seguintes actuacións:

 

Teatro "Sobremesas sobre versos" (3º ciclo).

Canción "Pan de Millo" (1º ciclo).

Canción "Eu teño alguén" (2º ciclo).

Canción "O Apalpador" (1º ciclo).

Canción "O Ghai-Ghai" (3º ciclo).

 Baile "O lago dos cisnes" (2º ciclo). 

Actuación sorpresa. 

 

E xa para despedir a semana, o venres 20, teremos a visita do Apalpador, do  e da amiga invisible e dos Reis Magos de Oriente.

 

Aproveitamos para desexarvos desde aquí unhas moi felices festas e agradecervos o traballo e a colaboración ao longo deste trimestre!

 

 

Bo Nadal

Etiquetas:
Por Anónimo
02/12/19

No CEP Carlos Casares estamos moi pero moi felices co resultado final da nosa exposición: o comedor. 

Grazas á implicación de todas as familias, claustro e alumnado; conseguimos converter o noso salón de actos nun fantástico comedor ao que non lle falta detalle, cunha manchea de obxectos de gran valor; e non podemos máis que agradecer a vosa cuantiosa xenerosidade e confianza ao partillar con toda a comunidade as vosas pezas, moitas veces cun gran valor sentimental.

Moitas e moitos de vós xa desfrutachedes da nosa exposición na Xornada de portas abertas, pero para os que non, gustaríanos deixarvos por aquí un pequeno vídeo que vos achegue ao noso comedor particular.

 

Podedes ver e descargar as fotos en: https://photos.app.goo.gl/BatUMfrvL5z2MdJJ8

Novamente, moitísimas grazas polo voso apoio e colaboración un ano máis!

Etiquetas:

25N

Por Anónimo
27/11/19

O 25N no CEP Carlos Casares sumámonos ás concentracións que tiveron lugar ao longo de todo o mundo en contra daviolencia de xénero. E non se nos ocorreu mellor xeito de facelo que recordar a todas e cada unha das mulleres que no que levamos de ano perderon a vida a mans das súas parellas ou ex-parellas. 

 

Así, como sinal de dó e en memoria de todas elas e tantas outras, todo o alumnado e claustro gardamos un minuto de silencio fronte ao mural que elaborou a mestra Susana cos e coas alumnas de 2º ciclo, e que pretende visibilizar a cadaunha das vítimas.

 

Consideramos tamén moi necesario recordar desde aquí, que a actual lei española, a Lei Orgánica 1/2004,contabiliza como vítimas de violencia de xénero aquelas mortes perpetuadas por agresores que gardan un vínculo de afectividade coa vítima, polo que moitas das mulleres vítimas de violencia machista non entrarían dentro das estatísticas de violencia de xénero, e por tanto non teñen nome nin rostro. 

 

Por todas elas e por unha sociedade máis igualitaria, desexamos con arela que nin unha máis, nin unha menos.

Etiquetas: