Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por belencasar
21/06/19

O alumnado de 5º nivel, para o seu derradeiro programa de radio por este curso, investigou sobre un tema moi interesante da nosa cultura galega: os seres mitolóxicos, sabedes o que é un tardo? E un nubeiro? Pois escoitade e descubrirédelo...

 

Etiquetas:
Por belencasar
09/06/19

Aquí está o derradeiro programa por este curso do alumnado de 5º nivel. Desta vez quixo afondar un pouco máis na vida do autor, pintor e xornalista galego Luis Seoane que foi homenaxeado co Día das Artes de Galicia, celebrado o pasado 1 de abril. Escoitádeos.

 

Etiquetas:
Por belencasar
05/06/19

O alumnado do 3º ciclo investigou sobre densidades na sesión de club de ciencia do mes de maio. Esta foi a ficha que tiveron que completar coas suas averiguacións.

 

 

 

Etiquetas:
Por primeirociclo
22/05/19

Durante o presente curso, na clase de Relixión, estivemos traballando distintas películas e curtametraxes:"La vida es bella", "El niño con el pijama de rayas", "El circo de la mariposa", "Planta cuarta". 

  "EL CIRCO DE LA MARIPOSA": unha extraordinaria historia sobre a capacidade de superación humana por riba dos defectos e dificultades.

       https://www.youtube.com/watch?v=Sry7DacKtbk

 

"LA VIDA ES BELLA":unha película que nos ensina a superar as adversidades. Na película ainda que as condicións son terribles, Guido, o protagonista fai crer ao seu fillo que a situación que están vivindo é un xogo no que deben gañar.

 

"PLANTA CUARTA": Narra a historia dun grupo de adolescentes que deben enfrentarse ao cancro. Son sometidos a diferentes tratamentos: perden o pelo e incluso algunha extremidade pero nos as súas ganas de vivir .

.

 

"EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS":Esta película está ambientada nunha época moi dura como é a Alemaña nazi, no campo de concentración máis coñecido durante a 2ª guerra mundial: o campo de Auschwitz. Reflicte, pois, unha época de represión e persecución racial (limpeza étnica), especialmente contra os xudeus.

 

 

 

Etiquetas:
Por primeirociclo
21/05/19

 

O 23 de abril foi o día do Libro. O alumnado participou nun concurso de poesía ilustrada organizado pola biblioteca partindo dunha cita do autor homenaxeado nas Letras Galegas, Antón Fraguas. A cita dicía así:

 “Os libros son compañeiros infatigables, amigos sempre, os máis nobres, os que distraen, os que te fan pensar, que é unha das cousas que hai que facer”.

Saíron fermosas poesías e foi moi difícil decidir o/a gañador/a de cada aula.

 

Os gañadores foron:

 Axel Rodríguez Cambra de 1º

 Iria Rodríguez Pazo de 2º

 Iria Fernández Pereira de 3º

 Julia Bernárdez Lago de 4º

 Xian Pérez Cabreira de 5º

 Diego Estévez Rivera de 6º

 

 

 Estas son as poesías de 1º,2º e 3º nivel

 

 

E aqui tedes as de 4º, 5º e 6º nivel

 

 

Etiquetas: