Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por Anónimo
01/11/19

A pasada semana celebramos o Magosto xunto coas nosas convidadas e convidados procedentes de Cividale del Friuli e Rovinj; e para iso vestimos ao noso centro coas súas mellores galas e… mesmo contamos cunha auténtica vaixela de Sargadelos!

 

O día comezou coa plantación de 3 árbores, unha por cada rexión participante no Proxecto Rush: Friuli, Istria e Galicia; que a partir de agora serán uns habitantes máis no CEP Carlos Casares.

 

E como non podía ser doutro xeito, logo de tanto traballo fumos cargarnos a tope de enerxía cun pequeno almorzo porque aínda nos quedaba por diante unha gran xornada de xogos e moita, moita diversión!

 

Agradecer de novo a Carmo e Manolo polo seu traballo e compaña como cada ano, sen o cal o Magosto non sería o mesmo!

 

Deixámosvos uns enlaces para que poidades descargar as fotos que máis vos gusten:

Plantación de árbores: https://photos.app.goo.gl/UQWCjbvtS173mXWb7

 

Xogos, castañas e salto á fogueira:  https://photos.app.goo.gl/hwCfJrbW6sMjN3Wr5

 

Ata a próxima!

 

 
 
 
Etiquetas:
Por Anónimo
31/10/19

O pasado xoves 24 de outubro, desde Radio Saltamontes transmitimos un programa moi especial, acompañados do alumnado procedente de Cividale del Friuli e Rovinj (Istria), co que partillamos unha semana chea de momentos inesquecibles.

Neste programa, explicamos entre outras cousas, en que consiste o Proxecto RUSH e porque é tan importante para nós. Tamén preparamos algunhas preguntiñas para coñecer un pouco mellor aos nosos convidados e convidadas. 

 

Estade ben atentos porque traemos algunha que outra sorpresiña para despedir o programa tal e como se merece!

Aproveitamos para agradecer ás familias acolledoras e a todo o alumnado pola súa xenerosidade e boa disposición e así converter ao noso centro nun espazo de encontro internacional!

 

 

Ata outra e... BOA  ESCOITA!
 
 
 
Etiquetas:
Por primeirociclo
21/10/19

 

Hoxe, luns 21 de outubro, o CEP Carlos Casares dou a benvida ao alumnado e

 

 

profesorado friulano e istrio, que nos acompañará ao longo desta semana a través

 

do Proxecto RUSH do Erasmus+.

 

 

 

 

Paqui, a directora do CEP, xunto co alumnado acolledor; foron os encargados

 

 

de presentar aos que serán os nosos novos compañeiros e compañeiras. Así,

 

 

descubrimos que cousas saben sobre Galicia, cales son as súas afeccións, as súas

 

 

comidas favoritas, etc. e até aprendemos un pouquiño de italiano!

 

 

Entre o alumnado friulano, incorpóranse as nosas

 

 

aulas Nina e Giorgia en 3º, Rosita en 5º e Flaminia e Luca en 6º curso. Pola súa

 

 

parte, entre o alumnado procedente de Istria contamos con Nicole, Flora,

 

 

Lana e Gabriel en 5º e Danea en 6º curso. Non nos esquecemos do profesorado

 

 

estranxeiro; Marina, Fabio e Loredana, que esperamos, desfruten moito a estadía

 

 

en Alxén.

 

 

 

 

 

 

Benvignûts, benvignudi, benvidos e

 

 

 

benvidas!

Etiquetas:
Por primeirociclo
16/10/19

O venres 11 de outubro os nosos compañeiros e compañeiras de 5º curso emitiron un programa cheo de curiosidades sobre o universo e os seres vivos, amais dunha mención especial a súa madriña de aula;  Nisia Miranda, repasando os eventos máis reseñables da súa vida e obra.

 

Dádelle ao Play se queredes descubrir connosco os recunchos máis fascinantes desta nosa galaxia ata chegar aos detalles nas estruturas mínimas que conforman a vida: as células!

 

Boa  escoita!

 

Etiquetas:
Por primeirociclo
13/10/19

Desde inicio de curso, o alumnado e o mestrado do CEP Carlos Casares, estamos aunando esforzos para facer da nosa escola, un lugar máis divertido se cabe!

 

É por iso que, como seguramente xa sabedes, na pista frontal do centro están a pintarse unha serie de coñecidos xogos populares como o Twister e o Truco, só que... en realidade aumentada!

 

Así, brochazo tras brochazo, e paseniñamente, imos aumentando a paleta de cores do noso centro e moi moi pronto, vamos a poder gozar todas e todos nós, de novas opcións lúdicas, alén dos xogos de sempre!

 
 
 
 
 
 
 
Etiquetas: