Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por terceirociclo
21/03/20

Ola de novo! Que tal? Espero que o estedes levando da mellor maneira posible.

Queríamos aclarar algunhas dúbidas que foron xurdindo nestes días. 

Non é necesario imprimir as tarefas, é aconsellable facelas nos vosos cadernos, posto que así é máis sinxelo facer un seguimento. 

Unha vez feita, todos e todas as que poidades, enviade unha foto da tarefa ao email 3.ciclo.carlos.casares@gmail.com poñendo a que mestra  vai dirixido e o voso nome.

Moitos e moitas de vós xa o estades facendo! Seguide así. 

Moitas grazas e perdoade as molestias que isto poida ocasionar.

Moito ánimo, apertas!!!

Etiquetas:
Por Anónimo
17/03/20

O pasado 9 de marzo,  no CEP Carlos Casares gozamos duns obradoiros sobre grandes científicas pioneiras da man de Ciencia en movemento.

Así, tivemos a oportunidade de descubrir como o labor de moitas científicas se veu ensombrecido, e en moitos casos arrebatado polos seus compañeiros, cando ser home era un mérito dentro do curriculo vitae.

Así, xunto con  Ana e Suso viaxamos ao longo do tempo e do espazo coñecendo a  numerosas mulleres pioneiras, algunhas sobre as cales nos gustaría deixarvos por aquí algunhas curiosidades. 

Comezamos este traxecto moi lonxe de aquí, chegando ata o século IV, e coñecendo a Hipatia de Alexandría, reputada científica, filósofa e mestra; que entre moitísimas outras descubertas, inventou un hidrómetro para medir a densidade dos líquidos, e co que puidemos experimentar en diferentes fluídos.

E volvendo á idade contemporánea , descubrimos a Rosalind Franklin, a muller que obtivo as primeiras imaxes do ADN desvelando a  súa estrutura da dobre hélice, traballo que aproveitaron os seus compañeiros (Watson, Crick e Wilkinds) e que lles valeu un premio Nobel. 

Non moi lonxe de Rosalind Franklin, atopábase Hedy Lamarr quen decidiu dar un salto a América, converténdose nunha estrella de Holliwood cunha vida digna de película. Franklin actuou en numerosísimas películas e combinou a súa faceta artística coa científica, sendo a descubridora da primeira versión do que hoxe en día coñecemos como WIFI.

Paralelamente, na outra punta da costa estadounidense, atopamos ás calculistas traballando na NASA, un grupo de mulleres encargadas de realizar diferentes cálculos matemáticos. Entre estas destaca Katherine Jonnson, responsable de operacións tan importantes como as que permitiron a chegada do Apolo XI á lúa. Existe un filme sobre ela, Figuras ocultas, que recomendamos ver en familia para coñecer a historia destas fantásticas mulleres.

Mención especial revisten as pioneiras galegas, entre as que destaca Ángeles Alvariño, a primeira muller científica cun buque oceanográfico e descubridora de moitísimas especies mariñas; ou Begoña Vila que na actualidade traballa no sensor  Fine Guidance Sensor para o telescopio espacial James Webb, que será o sucesor do Hubble e o Spitzer. 

Alén de achegarnos a estas mulleres e moitas outras pioneiras,  tamén tivemos a oportunidade de experimentar a pequena escala fenómenos como a transmisión das ondas, a distancia entre a Terra e a Sol, o fin do astro solar... así como analizar e reflexionar sobre moitas cuestións que abranguen ao noso planeta e a nós como especie humana. E sobre todo tivemos unha estupenda ocasión para bombardear a preguntas a Ana e Suso, que moi gustosos satisfacían a nosa curiosidade científica. 

Aproveitamos para deixarvos por aquí algúns recursos recomendados por Suso e Ana para achegarnos máis ás pioneiras e á ciencia, e que nos veñen fenomenal estes días para comentar en familia:

-  Un vídeo moi interesante de Javier Santaolalla sobre as singularidades da lúa: https://www.youtube.com/watch?v=vZZSyVyo3dQ

-  Unha banda deseñada elaborada pola Universidade de Sevilla que recolle a vida de cinco investigadoras do pasado e do presente, e que se pode descargar de xeito gratuíto no seguinte enlace: http://institucional.us.es/cientificas/sdm_downloads/comic-resolucion-media/

 

 Por último, deixamosvos un vídeo resumo e un enlace por se queredes ver as fotos do obradoiro: https://photos.app.goo.gl/1FVTEHMmXRaVEGM5A

 

Etiquetas:
Por terceirociclo
16/03/20

Boas tardes, 

Consideramos que é moi importante que os nenos e as nenas teñan unha rutina no seu día a día, nesta situación complexa que estamos a vivir.

Ademais de facer tarefas do cole, é necesario o tempo de ocio e de exercicio físico. Na medida do posible é importante que adiquedes tempo a facer xogos en familia.

Debemos evitar crear sedentarismo, deste xeito é aconsellable que pasen pouco tempo diante das pantallas (televisión, videoxogos...). Tamén deben acostumarse a deitarse e levantarse a unha hora concreta como cando veñen á escola.

Adxuntamos esta imaxe dun horario orientativo que igual vos sirve de axuda para organizar o día a día, adaptandoo as vosas necesidades e situacións concretas. Esperamos que vos sexa de axuda.

Unha aperta moi grande, Ángela e Naiara

 

Etiquetas:
Por Anónimo
06/03/20

Bo día!

O 24 de xaneiro o alumnado de 6º emitimos un programa sobre o noso padriño de aula: Xosé Neira Vilas. Nel repasamos algúns datos interesantes sobre a súa vida e obra e lemos algún fragmento que de seguro vos é coñecido.

 

 
Boa escoita!
Etiquetas:
Por primeirociclo
22/02/20

POR FIN CHEGOU O GRANDE DÍA!!!!! DESFILAMOS COS NOSOS TRAXES POLAS RÚAS DE SALVATERRA XUNTO CO CRA A LAGOA E O CEIP DE LEIRADO ATA O PARQUE DA CANUDA. 

DEPOIS A ANPA DEUNOS O BOCATA DE NOCILLA QUE ESTABA MOI BO, QUEIMAMOS A MECA QUE ESTE ANO FIXO O NOSO COLE E ACTUAMOS. 

MIRADE QUE GUAPOS ÍAMOS!!!!!!! 

 

 

 

 

 

 

Etiquetas: