Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por terceirociclo
19/04/20
Moi boas pequenos científicos!!!!!
Debido ao tema que temos na actualidade en relación a pandemia do virus Covid-19, a profe Sabela coas súas dotes de científica, nos invita a realizar un experimento da importancia de lavarnos ben as mans.
Todos estades xa fartos de escoitar que hai que lavarse ben as mas, cada pouquiño, usando xabón, pero nunca vos preguntástedes por qué, que ten iso que ver co virus....
Prestade atención ao video que vos deixamos abaixo. Facede o experimento e contádenos que ocorre e por qué. 
 
Adxuntamos una ficha que podedes tomar como modelo para cubrir (hipótese, materiais que utilizades, procedemento, resultado e conclusión/análise).
Na conclusión teredes que explicar cal é o fenómeno científico polo que se produce esta reacción (Se necesitades unha pista, no blog do ano pasado nas Xornadas de Ciencia xa se fixo este experimento, así que ....investigade!)
 
Xa nos contaredes....
(Lembrade poñer no asunto para Ángela)
 
 
 
 
 
 
Etiquetas:
Por terceirociclo
17/04/20

Moi boas a todos,

A próxima semana a adicaremos a cubrir as nosas seccións da revista. Como xa dixemos son varias as seccións a cubrir en 5º, así que algunhas as dividimos en grupos para que non teñades que redactar todos tódalos artigos, parécevos? Estas son as seccións:

1. PATIO INCLUSIVO: ISABEL, JULIA, IZAN, ANTÍA, ADRI FERREIRA

Faremos unha redacción explicando un pouco en que consiste, porque se fixo, descripción de como é, e o podemos rematar cun debuxo e unha opinion persoal 

Cada un que faga a súa redacción e a profe Luz encargarase de xuntar todas ou coller o mellorciño de cada casa para a publicación.

2. AUTORA (CHUS PEREIRO): XIÁN, DANIELA, CARLA, SANTI, AINOA.

Falaremos da vida da autora, e en relación ao libro, resumo e opinión persoal (se nos gustou ou non, que parte foi a mellor, se o recomendaríamos...) e un debuxo ou manudalidade sobre algo do libro ou unha personaxe.

Cada un que complete todas as partes que xa seleccionarei as mellores partes de cada un para a publicación.

3. DÍA DE ROSALÍA: PAULA, ADRI RODRIGUEZ, CARLOS, EMMA E ISABELA

Como xa explicamos este ano adicouse aos errantes na actualidade. Así que, ademais de saber un pouco da vida de Rosalía e porque se lle adica ese día, especificaremos que sabemos dos errantes e faremos unha comparación dos errantes do pasado e da actualidade.  

No caso de Isabela (que non estivo ese día) pode contarnos en primeira persoa como é a súa experiencia en relación á emigración.

4. XUBILACIÓN DE PILAR: TODOS

Neste caso tócanos a todos traballar un pouquiño, e cando digo todos é TODOS, familias incluídas!!!

Seremos periodistas por un día.

Imos entrevistar ás mamás e papás da casa, seguro que moitos foron alumnos de Pilar e poden contar moitas cousas. Este é o momento de preguntar o que sempre quixeches saber... como era mamá ou papá na escola, anécdotas, trastadas (que seguro as hai)

O primeiro que ten que ter moi claro un bo periodista é o cuestionario. Pensade nas preguntas, cantas máis, mellor. Mandádemas a correxir ou preguntádeme se non se vos ocorren...

Cando teñades as preguntas claras e escritas nun folio, procedede a entrevistar ás familias. Se non foron alumnos de Pilar, seguro que poden aportarnos algunha opinión ou palabras de agradecemento.

Se tendes fotos antigas tamén estarían xenial!

Podemos rematar o artigo con frases de agradecemento para ela por parte tamén de vós.

Ánimo

Unha aperta enorme para a minifamilia de 16 e para as súas familias!!!!

Ángela

Etiquetas:
Por terceirociclo
15/04/20

Ola a tod@s!!! Como estades? Espero que pasarades unha feliz aínda que diferente Semana Santa todos. Aquí vos deixo o libro de Mamasiña, que medo! en formato pdf para que o rematedes de ler, xa que nos quedaramos pola metade antes de este estado de alarma. Os encargados de cubrir a sección da autora, podedes apoiarvos no libro para ilustracións, debuxos...Unha aperta enorme para a miña pequena familia de 16!Ángela

Etiquetas:
Por Anónimo
15/04/20

Bo día queridísima audiencia de Radio Saltamontes!

Como acabamos de pasar esta Semana Santa un tanto peculiar e temos algo de morriña das nosas festas tradicionais, esta semana traémosvos un programa emitido o 20 de febreiro polas nosas locutoras e locutores máis noveles, o alumnado de 1º curso!

Esperamos que vos guste tanto como a nós e desexamos que pronto poidamos celebrar de novo coa vosa compaña!

 

 
Boa escoita!
Etiquetas:
Por terceirociclo
13/04/20

Ola a tod@s, que tal esta semana de descanso? Cómo van eses ánimos?

Esta semana propoñemos un proxecto diferente, non é unha viaxe a un lugar como tal, é unha viaxe pola vosa imaxinación.

Como xa sabedes no blog da biblioteca do cole hai varias recomendacións de libros que podedes ler online. (https://www.edu.xunta.gal/centros/cepcarloscasares/blogdabiblioteca)

Como unha das rutinas propostas tanto para os nenos e nenas de quinto como de sexto é adicarlle 20-30 minutos ao día a lectura, seguro que lichedes moitos libros nas últimas semanas. Así que este proxecto está baseado nun libro de lectura.

Agardamos que disfrutedes moito.

Unha aperta, Ángela e Naiara

 

Etiquetas: