Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por terceirociclo
15/05/20

BOS DÍAS EQUIPOSorriso

Aínda seguen chegando os teatrillos de humor que fixechedes con marionetas para conmemorar o Día do libro.

Para os que non lerades a publicación anterior, vouvos poñer en contexto:

Como o tema do Salón do libro de Pontevedra deste ano era o humor e que na clase leramos a obra de teatro de Chus Pereiro de "Mamasiña que medo!" (coa que rimos moito) aproveitamos para levar a cabo esta actividade.

Deixovos aquí o teatrillo de Cibrán. Son dous amigos que se reencuentran despois do confinamento:

 

 
Son uns artistas! Agardamos que rirades moito e desexamovos unha boa fin de semana!!!Beso
 
 
 
Mestra Naiara
Etiquetas:
Por terceirociclo
11/05/20

OLA EQUIPO!!

Que alegría ver as vosas cariñas e escoitarvosSorriso. A próxima vez esperamos contar contigo Enzo!!!

Deixovos nun PDF adxunto a explicación do vídeo que tedes que enviarme como moi tarde o XOVES 14 DE MAIO.

Sede creativ@s!!!!Guiño 

UNHA APERTA MOI FORTE Beso 

Naiara

 

 

 

 

Etiquetas:
Por terceirociclo
05/05/20

Ola clase de 6º!!!

Como xa sabedes, para conmemorar o Día do libro creachedes unhas marionetas con material reciclable para facer un teatrillo de humor.

Como o tema do Salón do libro de Pontevedra deste ano era o humor e que na clase leramos a obra de teatro de Chus Pereiro de "Mamasiña que medo!" (coa que rimos moito) aproveitamos para levar a cabo esta actividade.

Algúns de vos xa me fochedes enviando os vídeos. Comparto aquí algúns deles para que saquedes ideas e vos animedes a enviar os vosos.

                                    LAURA 6º

 

 

 

JAVI E MARIO 6º

XIÁN 6º
 
 
 
SODES UNS E UNHAS ARTISTAS!! 
Unha aperta da vosa titora que vos bota moito de menosBeso
Etiquetas:
Por terceirociclo
05/05/20

Boas noites a todos e a todas. 

A nosa compañeira Iria fixo este vídeo para darnos ánimo e forza.

Como di ela "por moita oscuridade que haxa, sempre  sae a luz"

 

 
XUNT@S SAIREMOS DESTA SITUACIÓN!! XA QUEDA MENOS EQUIPO!!!Guiño
Etiquetas:
Por fabrito
29/04/20

OLAAA rapazada!!!! Como estades??? Que tal vos foi co obradiro de danza do salón virtua???

Hoxe recibimos outra proposta para celebrar o día da Danza, da man doutro colaborador habitual do cole e sempre dun xeito desinteresado.

Coñecédelo practicamente tod@s, el é LUÍS PREGO. Luís leva practicamente toda a vida unido á danza e ao folclore galego. Dende ben pequeno comezou a bailar, baile galego.

Luís é un dos grandes recolledores do folclore galego. Leva case toda a vida percorrendo toda a xeografía galega e tamén as zonas limítrofes de Zamora, León, Asturias e Portugal, indo de aldea en aldea, preguntando e gravando ás persoas maiores.

Hoxe queremos facer unha homenaxe precisamente a esas persoas que tanto e tanto nos ensinan e tan necesarias son para nós como son @s nos@s avós/as e que levamos moitos días sen poder darlle unha aperta.

Luís ademais de ser bailador e mestre de baile galego, tamén é un dos músicos do grupo de música folk Ardentía, que teñen feito concertos por toda a xeografía galega.

El é o director e o mestre de música e baile tradicional galego de grandes grupos como por exemplo o Orfeón Mariñeiro do Berbés ou o grupo de baile de Lourido, entre outros.

Outra das grandes facetas de Luís é de divulgador do noso patrimonio Inmaterial. Ten publicados varios libros-CD con música para nen@s, e non tan nen@s. A canción de "Felisa vai en coche, Felisa en coche vai", coa que saiamos do colexio, está publicada no libro- CD "Para cantar e bailar". Nese mesmo libro-CD está a canción "O señor da serra" e coa que o alumnado de 4º, 5º, Xiana e Sabela, participastes no coñecidísimo programa Luar, da TVG.

Na Radio Picariña, da crtvg, tamén podedes escoitar varias das súas cantigas.

 

 Como xa vos dixen, Luís ten feito un traballo moi importante como divulgador. Un dos traballos máis potentes que e que tivo unha grande repercusión é o proxecto "Un punto ao día con Luís Prego". Publicou un punto do baile galego durante un ano completo. Si, Si 365 puntos de muiñeira, xota, maneos... Un inmenso traballo e legado que publicou na rede, de xeito altruísta. Luís é tremendamente xeneroso!!! Este proxecto foi un anticipo ao que nestes momentos estamos a vivir. Como xa vos contei Luís dá clases de baile, na parroquia de Lourido, e unha das súas alumnas foi a estudar a Compostela. Para que poidera seguir aprendendo os pasos do baile, o seu pai e a súa nai, gravábanlle un vídeo e logo enviábanllo. Así foi como xurdíu este magnífico proxecto que ten como obxectivo que todas as persoas, que o desexaran, poidan a prender a bailar.

Só por isto que vos acabo de contar xa lle debiamos unha homenaxe ao mestre Luís. Pero unha vez máis demostrou o seu carácter máis xeneroso e mandouvos este vídeo cun paso moi sinxelo de muiñeira para que o poidades bailar tod@s.

Estaría xenial que vos gravarades bailando este paso e que nolo mandedes. ANIMÁDEVOS!!! Estes puntos hai que bailalos cunha parella, asique decídelle á mamá ou ao papá que se animen. VIVA O DíA DA DANZAAAA!!!!

 En nome de toda a Comunidade Educativa do CEP Carlos Casares, quero darlle as grazas ao gran mestre e bailador, Luís Prego, polo seu enorme traballo a prol do estudo e da divulgación do folclore e do Patrimonio inmaterial Galego e por estar sempre disposto a colaborar co noso cole e co noso alumnado

MIL GRAZAS POR TODO, LUÍS

Etiquetas: