Bo día entroideiros e entroideiras! Como bos festeiros que somos, no CEP Carlos Casares, non queremos deixar pasar a oportunidade de compartir con todos vós o noso xa famoso baile de entroido. Este ano, tivemos que adaptar a celebración desta festa tan importante en Galiza ás novas circunstancias sanitarias, pero non por iso deixamos de pasalo xenial cumprindo coas tradicionais ordes do Meco, a lectura do testamento, a queima do Meco, a riquísima chocolatada e rosca que a ANPA nos prepara cada ano con tanto agarimo e, como non, a nosa esperada fariñada. Non puidemos elaborar os disfraces no cole, como viñamos facendo en cursos pasados, pero todos viñemos guapísimos da casa. Había de todo: agricultores, espantallos, velliñas... O complemento máis empregado foi o sombreiro de palla.
E, como non, a nosa sempre aclamada coreografía. Non vos imos a dar máis pistas xa que, vós mesmos a podedes disfrutar premendo na seguinte imaxe. Agradecemos ao mestre Miguel Ángel a montaxe do video. Esperamos que vos guste.
CLAUSTRO CEP CARLOS CASARES