Quinto

Sexto

REVISTA NÉBOA

Moi boas a todos,

A próxima semana a adicaremos a cubrir as nosas seccións da revista. Como xa dixemos son varias as seccións a cubrir en 5º, así que algunhas as dividimos en grupos para que non teñades que redactar todos tódalos artigos, parécevos? Estas son as seccións:

1. PATIO INCLUSIVO: ISABEL, JULIA, IZAN, ANTÍA, ADRI FERREIRA

Faremos unha redacción explicando un pouco en que consiste, porque se fixo, descripción de como é, e o podemos rematar cun debuxo e unha opinion persoal 

Cada un que faga a súa redacción e a profe Luz encargarase de xuntar todas ou coller o mellorciño de cada casa para a publicación.

2. AUTORA (CHUS PEREIRO): XIÁN, DANIELA, CARLA, SANTI, AINOA.

Falaremos da vida da autora, e en relación ao libro, resumo e opinión persoal (se nos gustou ou non, que parte foi a mellor, se o recomendaríamos...) e un debuxo ou manudalidade sobre algo do libro ou unha personaxe.

Cada un que complete todas as partes que xa seleccionarei as mellores partes de cada un para a publicación.

3. DÍA DE ROSALÍA: PAULA, ADRI RODRIGUEZ, CARLOS, EMMA E ISABELA

Como xa explicamos este ano adicouse aos errantes na actualidade. Así que, ademais de saber un pouco da vida de Rosalía e porque se lle adica ese día, especificaremos que sabemos dos errantes e faremos unha comparación dos errantes do pasado e da actualidade.  

No caso de Isabela (que non estivo ese día) pode contarnos en primeira persoa como é a súa experiencia en relación á emigración.

4. XUBILACIÓN DE PILAR: TODOS

Neste caso tócanos a todos traballar un pouquiño, e cando digo todos é TODOS, familias incluídas!!!

Seremos periodistas por un día.

Imos entrevistar ás mamás e papás da casa, seguro que moitos foron alumnos de Pilar e poden contar moitas cousas. Este é o momento de preguntar o que sempre quixeches saber... como era mamá ou papá na escola, anécdotas, trastadas (que seguro as hai)

O primeiro que ten que ter moi claro un bo periodista é o cuestionario. Pensade nas preguntas, cantas máis, mellor. Mandádemas a correxir ou preguntádeme se non se vos ocorren...

Cando teñades as preguntas claras e escritas nun folio, procedede a entrevistar ás familias. Se non foron alumnos de Pilar, seguro que poden aportarnos algunha opinión ou palabras de agradecemento.

Se tendes fotos antigas tamén estarían xenial!

Podemos rematar o artigo con frases de agradecemento para ela por parte tamén de vós.

Ánimo

Unha aperta enorme para a minifamilia de 16 e para as súas familias!!!!

Ángela