Quinto

Sexto

30 DE XANEIRO , DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

 

O pasado 30 de xaneiro celebrouse o "Día escolar da paz e non violencia". Na clase de Relixión estivemos traballando o conto "A POMBA DONA PAZ". Dona paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo , nunha casiña ben linda. Cando amañece vai pasear para ver que cousas pasan no mundo, pero o que viu non lle gustou nada. Todo o que viu foron problemas, inxustizas e abusos; viiu xente que non tiña nada e durmía na rúa e outros moi ricos aos que todo lles sobraba;viu os mares cheos de lixo e as fragas queimadas; viu fábricas onde fabricaban armas e a xente que fuxía das guerras, da fame e as miserias, mulleres maltratadas... por iso decidíu falar con todos os nenos e nenas do mundo para que reflexionasen  sobre todo aquilo que non transmite paz e que deben cambiar.  Gustounos moito este conto. Non esquezades pasar pola biblioteca e lelo.

OS nenos/as de primeiro e segundo fixemos a pomba dona Paz. Mirade que chulas nos quedaron.  os nenos/as de sexto fixemos a nosa propia versión do conto.