Co fin de seguir aprendendo sobre o Camiño de Santiago realizamos unha saída ao Albergue da Laxe, próximo ao noso colexio, onde puidemos descubrir que é un albergue en primeira persoa e alí tamén nos cuñaron a credencial, a cal fixemos con anterioridade, para acreditar a realización dese pequeno tramo do camiño, que transcorre dende o albergue ata o noso colexio, igual que os peregrinos/as que a van selando nos distintos lugares polos que pasan.
Despois de descubrir o que é un albergue volvemos ao colexio camiñando, transformándonos en peregrinas e peregrinos durante unhas horas, para o cal levamos a nosa propia cuncha, que constitúe en dos principais símbolos do Camiño de Santiago. Durante a andaina observamos os animais e árbores que atopamos ó noso paso, seguimos as frechas amarelasque nos indican a dirección que debíamos seguir para continuar o camiño e merendamos ao aire libre, gozando da riqueza natural e paisaxística do noso contorno. No seguinte vídeo resumimos brevemente esta saída.
Despois da saída reflexionamos sobre o que aprendemos sobre os albergues e o que descubrimos coa andaina. Tamén recordamos os animais que vimos durante a ruta e pensamos en que outros animais podemos atopar no camiño dende o albergue ata Santiago e plasmámolo a través do debuxo nun mural. Así mesmo, coa axuda de Tina Calixtina descubrimos que se realizamos o camiño á pé temos que facer 100 quilómetros para obter a Compostela, mentres que se o facemos en bicicleta hai que facer o dobre de quilómetros, é dicir 200. Logo disto cada neno/a elixiu como lle gustaría facer o camiño, á pé ou en bicicleta e simulamos un percorrido no pavillón. Así mesmo, introducímonos elementos que podemos atopar no camiño nunha caixa pechada, co fin de que cada nena/o a través do tacto e cos ollos pechados identifique o elemento e a súa utilidade durante o camiño, e o que debemos facer con el; por exemplo, unha bolsa de plástico tirámola no contedor amarelo, reflexionando á súa vez sobre a importancia de reciclar e coidar o planeta e de alimentarse de forma saudable.
Ademais, coa axuda das familias investigamos sobre as árbores propias do noso contorno e sobre as vilas nas que vive o noso alumnado, as cales están próximas ao camiño de Santiago, ´concretamente ao tramo coñecido como “RUTA DA PRATA” que é a que pasa ó carón do noso colexio; fomentando valores como o respecto e conservación do noso contorno.
Tamén descubrimos cales son os pobos e vilas que forman o itinerario da Ruta da Prata e marcamos no mapa de Galicia ese recorrido, con frechas amarelas, dende Bendoiro ata Santiago de Compostela. Finalmente descubrimos como é a Catedral de Santiago de Compostela a través dunha fotografía actual e facemos un crebacabezas da mesma, posto que esta é a meta de todos os peregrinos/as que fan o Camiño de Santiago.
O mércores 25 de maio de 2022 tivemos unha actividade de contacontos integrado dentro deste programa “Vexo, veo, Xacobeo”, na cal coñecemos a unha peregrina actual e a un peregrino tradicional cos cales recordamos cales son os símbolos do Camiño de Santiago, identificamos a vestimenta de cada un deles, escoitamos atentamente o conto das 3 irmás, fillas do leñador e a tartaruga Tina Calixtina e decoramos pegadas, tal e como resumimos no seguinte vídeo.
As nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria participan durante este curso no programa Vexo, Veo, Xacobeo, incluído dentro do Plan Proxecta +, a través do cal buscamos espertar o seu interese polo Camiño de Santiago, signo da nosa identidade cultural. Con este proxecto aproximamos ós nenos/as ao coñecemento do Camiño de Santiago dende as súas distintas vertentes (cultural, social, natural, histórica…) e fomentamos valores moi ligados a este camiño como son a solidariedade, a axuda, a tolerancia, a igualdade e o respecto, a través de actividades cooperativas (como contacontos, cancións, dramatizacións, xogos manipulativos,…) dada a súa importancia nesta etapa educativa.
Comezamos o proxecto da man da nosa mascota, a tartaruga Tina Calixtina que nos acompaña ao longo do curso e nos axuda a descubrir distintos aspectos sobre o Camiño de Santiago, sobre a súa historia e orixe, a preparación da viaxe e o que necesitamos levar na mochila así como a vestimenta. Investigamos sobre as cunchas, as frechas amarelas e elaboramos unha credencial para logo conseguir un selo na saída que faremos ao albergue próximo ao colexio. Tamén investigamos sobre o tramo do camiño que pasa ao carón do noso centro coñecido como “ A VÍA DA PRATA”, identificando os monumentos, paisaxes naturais e albergues que podemos atopar nese traxecto, aproximádonse a eles a través das distintas linguaxes artísticas e plasmandoo nun mural que forma parte do noso recuncho do Camiño de Santiago, situado no corredor de Educación Infantil, no que ademais disto dispoñemos de distintos obxectos relacionados con este tema proporcionados por distintos membros da comunidade educativa (familias e profesorado) como contos, revistas, cunchas, credencial, bordón, cabaza, etc.
Como facer a solicitude de copias de probas escritas.
A nai/pai/titor legal do alumno/a solicitará por escrito copia das probas escritas que desexe revisar, relacionando en dito escrito a área ou áreas e datas das probas das que solicita copia. EN NINGÚN CASO SE ACEPTARÁ UNHA PETICIÓN MASIVA.
Prazo de solicitude e resposta.
A nai/pai/titor legal do alumno/a entregará a solicitude por escrito cunha antelaciónde cinco días lectivos.
Onde facer a solicitude.
A nai/pai/titor legal do alumno/a entregará a solicitude por escrito na secretaría do centro, dentro do horario de atención ao público establecido para cada curso escolar e recibirá no acto copia da solicitude con rexistro de entrada asinado pola secretaria/o.
Cantas solicitudes se poden facer.
A nai/pai/titor legal do alumno/a poderáfacer unha única solicitude por trimestre, podendo solicitar copias do trimestre anterior.
De cada exame só se entregará unha única copia.
Formato das copias.
A nai/pai/titor legal do alumno/a recibirá fotocopia do orixinal da proba solicitada en formato papel tamaño DIN-A4. E deberá aboar a cantidade de 0,05€ por cada carilla fotocopiada.
Lugar de recollida das copias.
A nai/pai/titor legal do alumno/aque asinara a solicitude presentada poderá recoller as copias solicitadas, transcorrido o periodo establecido, na secretaría do centro dentro do horario de atención ao público da secretaria/o do centro. Deberá aboar previamente a cantidade establecida e asinar a recollida das copias.
É necesario reservar a través do correo electrónico do colexio ceip.xoaquin.loriga@edu.xunta.gal indicando o número de entradas que se solicitan (máximo 3 entradas).
Vai haber menú para alérxenos.
De 14:40 ás 15:40 haberá atención por parte dos colaboradores/as de comedor para o alumnado que non marche ao rematar os pinchos (será un recreo).