Skip to Content

                                       

Esta semana escoitamos no noso timbre...

   

Eleccións Consello escolar curso 2024-25

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

  • Do 30 de outubro ao 11 de novembro
  • Presentar a candidatura no centro escolar presencialmente ou vía electrónica
  • Horario: de 09:40 a 14:40
  • CANDIDATURA

 CALENDARIO ELECTORAL

CENSO

Son electores/as todos os PAIS, NAIS OU, SE É O CASO, OS TITORES LEGAIS DO ALUMNADO matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da 29 de outubro está exposto no taboleiro de anuncios. As RECLAMACIÓNS ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14.00 horas do día 8 de novembro.

CANDIDATURAS

Son elixibles os PAIS e NAIS ou, se é o caso, os TITORES LEGAIS, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría ou poderase descargar na web do centro. As candidaturas poderán ser presentadas desde o 30 de outubro ata o 11 de Novembro.

MESA ELECTORAL

O sorteo da mesa electoral realizarase entre os membros do censo que non se presenten como candidatos, en ACTO PÚBLICO, o día 12 de novembro, ás 12.10 horas. Escolleranse 4 pais/nais e será o presidente desta mesa a directora do centro.

CAMPAÑA

ELECTORAL

A campaña electoral comprenderá desde o 12 ao 16 de novembro, ambos días inclusive.

As dependencias e servizos do Centro estará a disposición dos/as candidatos/as, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 17 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

DEREITO A VOTO

Teñen dereito a voto o PAI e NAI ou, se é o caso, o titor/a legal do alumnado.

PAPELETA E VOTO

Na papeleta de votación cada elector/a fará constar máximo de UN NOME (art. 42 do Decreto 92/1988) dos/as candidatos/as presentados/as, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, segredo e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

VOTACIÓN

As votacións realizaranse no centro o DÍA 18 DE NOVEMBRO, de 09:50 a 11.00  e de 16:00 a 17:00 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 09:45 horas.

ESCRUTINIO

Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para o seu envío á Xunta Electoral do Centro.

Actividades extraescolares 2024/25

  

Todas as actividades comezarán á saída do colexio (15:50) e durarán 1 hora (16:50).

Haberá dúas liñas de autobús (sen coidador/a) ao rematar as actividades (Baixo demanda) que está xestionado pola ANPA.

 

Adscripción a titorías e especialidades curso 2024/25

EDUCACIÓN INFANTIL

3 ANOS (4º inf)

Ana María Carbia Méndez

4 ANOS (5º Inf)

Montserrat Senra García

5 ANOS (6º Inf)

Mª Jesús Vázquez Penedo

APOIO INFANTIL

María Pilar García Seijas

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º EP

Isabel Santomé González e

Berta Santomé Fernández

2º EP

Berta Negro Taboada

3º EP

Rosa María García Méndez

4º EP

Santiago Pérez Carral

5º EP

Mª Luz Cornado Vidueiros

6º EP

Sabina Abeledo Meijome

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

PT Aula Específica

Lorena Gende Pazos

PT

Elisa García Nogueira

AL

Lis Borrero Ávila

REUNIÓN INICIO DE CURSO 2024/25 PARA AS FAMILIAS

LUNS 9 DE SETEMBRO

LUGAR: SALÓN DE ACTOS

10:00 ACOLLIDA EDUCACIÓN INFANTIL

11:30 ACOLLIDA EDUCACIÓN PRIMARIA

 As familias que teñan varios fillos/as en distintos cursos e lles coincida a hora de reunión, poden achegarse a falar co titor/a que lles falta logo da 1º reunión.

Aberto o prazo de inscrición para colaboradores de comedor curso 2024/25

Ata o 11 de setembro estará aberto o prazo para inscribirse como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e vixiancia no comedor escolar.

 O horario de atención de secretaría será de 10:00 a 14:00 d1 ao 15 de xullo e do 1 ao 11 de setembro

A documentación a entregar é a seguinte:

  • Solicitude de colaboración ANEXO III
  • Certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais (acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais).
  • NIF, ou no seu caso NIE
  • Certificación acreditativa dunha entidade financeira onde dispoñan de conta
  • Correo electrónico de contacto

O horario de comedor será de 14:40 a 15:50

A atención do comedor consistirá en atender o servizo de comedor do alumnado e o recreo escolar.

Percibirase unha cantidade económica trimestral polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración, (12,50€ por día), así mesmo, lembramos o carácter non altruista da colaboración.

O persoal terá dereito á comida no centro de 14:00 a 14:40.

Solicitude comedor escolar curso 2024/25

  Estimadas familias, dende hoxe e antes do día 01/09/2024 poderedes solicitar o servizo de COMEDOR ESCOLAR para o curso 2024/25.

  O horario de atención de secretaría será de 10:00 a 14:00 do 1 ao 15 de xullo

  Documentación a presentar:

  • ANEXO II AUTODECLARACIÓN:
    • A totalidade de membros que perciban ingresos na unidade familiar autorizarán expresamente á consellería para consultar os datos de carácter persoal, de residencia e de rendaf que lle serán subministrados á Administración Educativa pola Administración Tributaria. Cruzaranse os datos con facenda no mes de outubro.
    • No caso de non autorizar á Administración Educativa os solicitantes deberán acreditalos ante o Consello Escolar mediante a presentación da documentación da declaración do IRPF.
    • Podedes facer o cálculo da Renda a través do seguinte enlace CALCULADORA.
    • Para solicitar o servizo de comedor haberá que estar ao día no pago do curso anterior
    • Deberán acreditar os ingresos de todos os membros da unidade familiar aínda que non tiveran a obriga de presentar a declaración da renda.
    • Os usuarios que non fagan uso do servizo coa frecuencia solicitada causarán automáticamente baixa do servizo, agás causas debidamente xustificadas.
    • A ausencia ao comedor escolar débese comunicar antes das 9:45 do día que deba ter efecto. Cando non se notifique en tres ocasións poderán ser suspendidos do uso do servizo durante 10 días.

FESTA FIN DE CURSO 2023/24

 

Para favorecer a organización do último día o alumnado non deberá traer a mochila. A merenda ese día correrá a cargo do centro. O día anterior (xoves día 20) xa levarán para casa todo o material.

Lembrade que o venres deberán traer roupa cómoda e calcetíns

Bolsas complementarias ao estudo do Concello de Lalín 2024/25

As bolsas están dirixidas a:

  • O alumnado do segundo ciclo de educación infantil
  • Educación primaria
  • Educación secundaria
  • Ciclos formativos de grado básico

Financiarase con cargo ao presente programa a adquisición de (con carácter non exhaustivo):

  1. Libros de texto.
  2. Material escolar funxible : cadernos, folios, cores, lapis, bolígrafos, carpetas, tinta de impresora, .....
  3. Material complementario: compás, estoxo, regras, mochilas, libros de lectura, pendrive,.....
  4. Material deportivo: chándal, tenis, camisetas, calcetíns,.....
  5. Roupa de abrigo e calzado.

As solicitudes e demais anexos están dispoñibles:

  • Na sede electrónica do Concello de Lalín: lalin.sedelectronica.gal/info.0
  • Presencialmente:  na recepción do Concello e da Concellería de Política Social ( 2ª planta)

O prazo estará aberto dende o día 11/06/2024 ata o día 01/07/2024 ambos incluídos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut