No caso de precisar un cambio de parada de autobús, débese notificar ao centro cubrindo a seguinte solicitude, (é recomendable facelo a principio de curso). Para isto debemos ter en conta:
- As paradas de autobús deben ser as mesmas toda a semana. Non se pode variar de parada en días aleatorios.
- Pódese solicitar unha parada distinta da habitual un ou varios días concretos pero de xeito contante e regular ao longo do curso escolar, por exemplo, todos os martes unha parada distinta.
- Pódese solicitar unha parada de recollida de mañá e unha parada de recollida da tarde distintas e poden ser no mesmo autobús ou con cambio de autobús (se hai prazas libres). Asímesmo, esta elección tamén debe ser constante ao longo do curso.
- Pode descargar a solicitude de cambio de parada aquí: