Prazo de presentación de solicitudes de admisión: Do 1 ao 20 de marzo
Prazo de achega de documentación para xustificar os criterios alegados na solicitude: ata o 9 de abril (10 días hábiles)
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 25 de abril
Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: ata o 2 de maio (5 días hábiles)
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15 de maio
Prazo para formalizar a matrícula: do 20 ao 30 de xuño
Podedes entregar a solicitude de admisión das seguintes formas:
-
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro
-
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
-
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
-
Anexo II, solicitude de admisión (ED550B)
-
Anexo I
-
Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar
-
Fotocopia da tarxeta da Seguridade social, MUFACE...
-
Certificado médico de que o nen/a non padece ningunha enfermidade contaxiosa
-
Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar, que deberá indicar a data de alta e estar expedido no ano natural anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes. Se a residencia no domicilio fose inferior a un ano: Escritura de compra, contrato de alugamento ou título que lexitima a ocupación da vivenda, e Recibos acreditativos do pagamento de subministracións (auga, luz...)
-
Lugar de traballo (por conta allea): contrato de traballo en que conste o enderezo do centro de traballo e informe de vida laboral obtido no ano natural do procedemento de admisión Lugar de traballo (por conta propia): certificado de alta no censo de actividades económicas da AEAT no que conste o enderezo do centro de traballo, ou licenza de apertura ou actividade do concello, se non está obrigada a estar de alta no dito censo Lugar de traballo (administracións públicas): certificado da unidade de persoal en que conste o enderezo do centro de traballo
-
Fotocopia do DNI do solicitante (se o posúe)
-
Fotocopia dos DNIs dos proxenitores
-
2 Fotografías tamaño carné
-
Certificado de matrícula, no caso do alumnado que proceda doutros centros
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de ser o caso.
- Libro de familia ou certificación de parto múltiple, de ser o caso.
- Documentación xustificativa da condición de familia monoparental, de ser o caso.
- Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia non expedido pola Administración autonómica, de ser o caso.
- Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero (artigo 5 da Lei 11/2007, do 7 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero), de ser o caso.
|
CRITERIO COMPLEMENTARIO DE ADMISIÓN: Domicilio familiar na área de influencia do centro
VACANTES
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro que se solicite en primeiro lugar
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).