Skip to Content

                                       

Esta semana escoitamos no noso timbre...

   

Xustificación faltas

FALTAS DO ALUMNADO

Considérase falta de asistencia a clase ou ausencia ao centro escolar a non presenza dun alumno ou dunha alumna nunha sesión completa de clase. As faltas de asistencia non debidamente xustificadas serán as que computen para a cualificación do posible absentismo.

FALTA XUSTIFICABLE: Con carácter xeral, teñen a consideración de xustificables as seguintes faltas de asistencia a clase do alumnado:

  1. Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario.
  2. Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao.
  3. Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario.
  4. Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de 2 días lectivos.
  5. Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica.  No caso de faltas de asistencia a clase do alumnado non contempladas no apartado anterior, quedará a criterio da dirección do centro educativo a consideración das excepcionais circunstancias que concorran para a súa xustificación ou non. En todo caso, deberá garantirse o dereito á escolarización da alumna ou do alumno. 

MODELO XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DO ALUMNADO

 MODELO XUSTIFICACIÓN AUSENCIAS LONGAS DO ALUMNADO

 

Xustificación das faltas de asistencia a clase do alumnado

A xustificación das faltas de asistencia a clase do alumnado realizarase ante o profesorado titor e por parte da nai, do pai ou das persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado, acompañando, segundo proceda:

  1. Xustificante médico, no caso de enfermidade propia ou grave dun familiar de primeiro ou segundo grao.
  2. Documento acreditativo, no caso de deberes inescusables, presentación a exames ou morte de familiares de primeiro ou segundo graos. 
  3. Calquera outro documento acreditativo da circunstancia que xustifique a ausencia. 

Cando o profesorado titor verifique que unha alumna ou un alumno presenta un número de faltas de asistencia a clase sen xustificar superior ao dez por cento (10 %) do horario lectivo dun determinado mes proporá, co visto e prace da dirección do centro educativo, o inicio dun expediente de absentismo e comunicará a situación á xefatura de estudos. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut