Skip to Content

                                       

Esta semana escoitamos no noso timbre...

   

Libros de Texto

AXUDAS PARA OS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/25. FONDOLIBROS

Segundo a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B).

  • FONDO SOLIDARIO  de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º  e 6º de Educación Primaria. Para acceder ao fondo solidario deberán devolver antes do 21 de xuño os libros recibidos do fondo solidario no curso 2023/24 en perfecto estado, quedando excluído desta devolución o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
  • AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS de texto para o alumnado matriculado en 1º, 2º de Educación Primaria e en EE, tamén aquel alumnado de NEAE que a xuizo do centro docente non poida empregar o material didáctico existente no colexio.
  • AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado de EP e EE.  

 PRAZOS DE ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN NO CENTRO·  

  • Devolución dos libros do curso 2023/2024: ATA O 21 DE XUÑO (este incluído)
  • Presentación de solicitudes: ATA O 21 DE XUÑO (este incluído)
  • Publicación do listado provisional: 1 DE XULLO
  • Reclamacións: 2 E 3 DE XULLO
  • Publicación de listado definitivo: 4 DE XULLO 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:   os modelos de solicitude obteranse por vía electrónica na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) e unha vez cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e posteriormente optarán por dúas formas de  presentación:

  • Presentación no centro: imprimir solicitude e o anexo II, asinala e entregala coa documentación acreditativa.
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://www.sede.xunta.gal)  

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Formulario ED330B (ANEXOS I E II)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 da orde da convocatoria, achegarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
  • No caso de separación ou divorcio, sentencia xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor
  • Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
  • Resolución xuficial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada
  • Resolución administrativa ou xudicial da acreditativa da situación de acollemento
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos SS.SS ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que os proxenitores ou titor/a legal carezan de DNI e NIE.
  • Copia DNI ou NIE do solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

OBRIGAS:

  • Ter devolto os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2023/2024 en bo estado.
  • Conservar en bo estado os libros de texto e material reutilizable.
  • Destinar o importe do vale a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
  • Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

 

O alumnado de Educación Infantil non ten que solicitala.

O alumnado de 6º de Ed. Primaria ten que solicitala no IES que lle corresponde, ao ter EDIXGAL só teñen que solicitar a axuda para material escolar e non para libros de texto.

A solicitude será única para todos os fillos/as.

 

AXUDAS PARA OS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022/23

Segundo a ORDE Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B).

  • FONDO SOLIDARIO  de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º  e 6º de Educación Primaria. Para acceder ao fondo solidario deberán devolver antes do 22 de xuño os libros recibidos do fondo solidario no curso 2021/22, quedando excluído desta devolución o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
  • AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS de texto para o alumnado matriculado en 1º, 2º de Educación Primaria e en EE, tamén aquel alumnado de NEAE que a xuizo do centro docente non poida empregar o material didáctico existente no colexio.
  • AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado de EP e EE.

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: os modelos de solicitude obteranse por vía electrónica na aplicación Fondolibros e unha vez cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e posteriormente optarán por dúas formas de  presentación:

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Dende mañá día 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022

Art. 26.3. Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de enmenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por non ter devolto os libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos con axuda no curso 2021/22.

 

Mais información na secretaría do centro e no portal educativo da Xunta de Galicia, na páxina web do centro e nos teléfonos do colexio.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 Formulario ED330B (ANEXOS I E ANEXO II)

Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. Excepcionalmente poderase acreditar o número de membros computables cun certificado ou volante de convivencia ou cun informe de SS.SS.

No caso de separación ou divorcio, sentencia xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor

Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica

Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

Resolución xuficial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada

Resolución administrativa ou xudicial da acreditativa da situación de acollemento

Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos SS.SS ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que os proxenitores ou titor/a legal carezan de DNI e NIE.

Copia DNI ou NIE do solicitante e dos membros computables da unidade familiar

PRAZOS DE ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN NO CENTRO:

  • Devolución dos libros do curso 2021/2022: ATA O 22 DE XUÑO (este incluído)
  • Presentación de solicitudes: ATA O 22 DE XUÑO (este incluído)
  • Publicación do listado provisional: 8 DE XULLO
  • Reclamacións: 11 E 12 DE XULLO
  • Publicación de listado definitivo: 15 DE XULLO

  OBRIGAS:

  • Ter devolto os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2021/2022.
  • Conservar en bo estado os libros de texto e material reutilizable.
  • Destinar o importe do vale a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
  • Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.
  • As familias que decidan optar pola entrega presencial poden facelo no horario habitual do centro.
Distribuir contido


by Dr. Radut