Eleccións Consello escolar curso 2024-25
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
- Do 30 de outubro ao 11 de novembro
- Presentar a candidatura no centro escolar presencialmente ou vía electrónica
- Horario: de 09:40 a 14:40
- CANDIDATURA
CALENDARIO ELECTORAL
CENSO |
Son electores/as todos os PAIS, NAIS OU, SE É O CASO, OS TITORES LEGAIS DO ALUMNADO matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da 29 de outubro está exposto no taboleiro de anuncios. As RECLAMACIÓNS ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14.00 horas do día 8 de novembro. |
CANDIDATURAS |
Son elixibles os PAIS e NAIS ou, se é o caso, os TITORES LEGAIS, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría ou poderase descargar na web do centro. As candidaturas poderán ser presentadas desde o 30 de outubro ata o 11 de Novembro. |
MESA ELECTORAL |
O sorteo da mesa electoral realizarase entre os membros do censo que non se presenten como candidatos, en ACTO PÚBLICO, o día 12 de novembro, ás 12.10 horas. Escolleranse 4 pais/nais e será o presidente desta mesa a directora do centro. |
CAMPAÑA ELECTORAL |
A campaña electoral comprenderá desde o 12 ao 16 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estará a disposición dos/as candidatos/as, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 17 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral. |
DEREITO A VOTO |
Teñen dereito a voto o PAI e NAI ou, se é o caso, o titor/a legal do alumnado. |
PAPELETA E VOTO |
Na papeleta de votación cada elector/a fará constar máximo de UN NOME (art. 42 do Decreto 92/1988) dos/as candidatos/as presentados/as, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, segredo e non delegable e non se admitirá o voto por correo. |
VOTACIÓN |
As votacións realizaranse no centro o DÍA 18 DE NOVEMBRO, de 09:50 a 11.00 e de 16:00 a 17:00 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 09:45 horas. |
ESCRUTINIO |
Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para o seu envío á Xunta Electoral do Centro. |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Aviso eleccións.pdf | 278.59 KB |
Convocatoria Eleccións.pdf | 93.05 KB |