Estimadas familias, dende hoxe e antes do día 01/09/2024 poderedes solicitar o servizo de COMEDOR ESCOLAR para o curso 2024/25.
O horario de atención de secretaría será de 10:00 a 14:00 do 1 ao 15 de xullo
Documentación a presentar:
- ANEXO II AUTODECLARACIÓN:
- A totalidade de membros que perciban ingresos na unidade familiar autorizarán expresamente á consellería para consultar os datos de carácter persoal, de residencia e de rendaf que lle serán subministrados á Administración Educativa pola Administración Tributaria. Cruzaranse os datos con facenda no mes de outubro.
- No caso de non autorizar á Administración Educativa os solicitantes deberán acreditalos ante o Consello Escolar mediante a presentación da documentación da declaración do IRPF.
- Podedes facer o cálculo da Renda a través do seguinte enlace CALCULADORA.
- Para solicitar o servizo de comedor haberá que estar ao día no pago do curso anterior
- Deberán acreditar os ingresos de todos os membros da unidade familiar aínda que non tiveran a obriga de presentar a declaración da renda.
- Os usuarios que non fagan uso do servizo coa frecuencia solicitada causarán automáticamente baixa do servizo, agás causas debidamente xustificadas.
- A ausencia ao comedor escolar débese comunicar antes das 9:45 do día que deba ter efecto. Cando non se notifique en tres ocasións poderán ser suspendidos do uso do servizo durante 10 días.
|