Skip to Content

                                       

Esta semana escoitamos no noso timbre...

    

O noso camiño

Co fin de seguir aprendendo sobre o Camiño de Santiago realizamos unha saída ao Albergue da Laxe, próximo ao noso colexio, onde puidemos descubrir que é un albergue en primeira persoa e alí tamén nos cuñaron  a credencial, a cal fixemos con anterioridade, para acreditar a realización dese pequeno tramo do camiño, que transcorre dende o albergue ata o noso colexio, igual que os peregrinos/as que a van selando nos distintos lugares polos que pasan.

 Despois de descubrir o que é un albergue volvemos ao colexio camiñando, transformándonos en peregrinas e peregrinos durante unhas horas, para o cal levamos a nosa propia cuncha, que constitúe en dos principais símbolos do Camiño de Santiago. Durante a andaina observamos os animais e árbores que atopamos ó noso paso, seguimos as frechas amarelasque nos indican a dirección que debíamos seguir para continuar o camiño e merendamos ao aire libre, gozando da riqueza natural e paisaxística do noso contorno. No seguinte vídeo resumimos brevemente esta saída.

   

Despois da saída reflexionamos sobre o que aprendemos sobre os albergues e o que descubrimos coa andaina. Tamén recordamos os animais que vimos durante a ruta e pensamos en que outros animais podemos atopar no camiño dende o albergue ata Santiago e plasmámolo a través do debuxo nun mural. Así mesmo, coa axuda de Tina Calixtina descubrimos que se realizamos o camiño á pé temos que facer 100 quilómetros para obter a Compostela, mentres que se o facemos en bicicleta hai que facer o dobre de quilómetros, é dicir 200. Logo disto cada neno/a elixiu como lle gustaría facer o camiño, á pé ou en bicicleta e simulamos un percorrido no pavillón. Así mesmo, introducímonos elementos que podemos atopar no camiño nunha caixa pechada, co fin de que cada nena/o a través do tacto e cos ollos pechados identifique o elemento e a súa utilidade durante o camiño, e o que debemos facer con el; por exemplo, unha bolsa de plástico tirámola no contedor amarelo, reflexionando á súa vez sobre a importancia de reciclar e coidar o planeta e de alimentarse de forma saudable. 

Ademais, coa axuda das familias investigamos sobre as árbores propias do noso contorno e sobre as vilas nas que vive o noso alumnado, as cales están próximas ao camiño de Santiago, ´concretamente ao tramo coñecido como “RUTA DA PRATA” que é a que pasa ó carón do noso colexio; fomentando valores como o respecto e conservación do noso contorno.

 

 Tamén descubrimos cales son os pobos e vilas que forman o itinerario da Ruta da Prata e marcamos no mapa de Galicia ese recorrido, con frechas amarelas, dende Bendoiro ata Santiago de Compostela. Finalmente descubrimos como é a Catedral de Santiago de Compostela a través dunha fotografía actual e facemos un crebacabezas da mesma, posto que esta  é a meta de todos os peregrinos/as  que fan o Camiño de Santiago. 

 

 O mércores 25 de maio de 2022 tivemos unha actividade de  contacontos integrado dentro deste programa “Vexo, veo, Xacobeo”,  na cal coñecemos a unha peregrina actual e a un peregrino tradicional cos cales recordamos cales son os símbolos do Camiño de Santiago, identificamos a vestimenta de cada un deles, escoitamos atentamente o conto das 3 irmás, fillas do leñador e a tartaruga Tina Calixtina e decoramos pegadas, tal e como resumimos no seguinte vídeo.

 



page | by Dr. Radut