Skip to Content

Festas tradicionais

Grazas por compartir con nós esta celebración, o seguinte vídeo recolle distintos momentos das actuacións:
EI- Representaron o conto “Un agasallo diferente”,  cantaron a panxoliña “O Nadal e o Boneco” e “Snowflake”.
1º- Seráns de baile tradicional: “Auga leva o regadinho” (danza portuguesa) e a canción xogo en inglés: Hocky Pocky
2º- Bailaron e cantaron a  panxoliña “Polo nadal turrón e mazapán!!”
3º- Cantan,  acompañan con lingua de signos e bailan a panxoliña “O pelo roxiño” 
4º- Interpretan con instrumentos de lámina “Jingle Bells” e bailan un "Twist de Nadal"
6º- Interpretan a canción tradicional Irlandesa “I saw three ships” coa frauta e versionan a canción “Ob La Di Ob La Da” dos Beatles
 
Esperámosvos!
Xa temos todo listo (ou case todo) para celebrar o Festival de Inverno que terá lugar o próximo venres día 21 de decembro ás 11 da mañá.
Será un día cargado de emoción, ledicia e ilusión que nos gustaría que gozarades con todos nós.
O programa é o seguinte: 
                 programa festival                                                                                          
Parabéns aos rapaces e rapazas polo esforzo: foron unhas semanas cheas de exames, traballos e ensaios; agradecemento aos mestres pola flexibilidade e a dedicación e a Mar, Belén e Alex pola súa colaboración. 
 
 
 
 
 
 
 
 
Cartel: Pepe Vieito

Vaia festa do Magosto celebramos no cole! Foi unha mañá de xogos, bo rollo, música e por suposto non podían faltar os bolos preñados e as castañas asadas.

Festa do Magosto no CEIP Vistahermosa by Slidely Photo Gallery

Sabela e Rosa, coordinadora de AAEE e profe de EF, organizaron unha divertida mañá de xogos: carreiras de sacos, o pano, a ra, levar a castaña correndo  ou cun  pao de hockey, os zancos, xogos de corda e os birlos. Distribuíron aos rapaces e aos mestres do cole en 9 equipos ou estacións nos que había nenos/as de todos os cursos. Xogabamos durante 5 minutos a cada xogo e iamos rotando á seguinte estación. O obxectivo era pasalo ben colaborando e cooperando cos compañeiros/as e gozar a tope deste día de festa. 

As cabazas ou calacús iluminaron a nosa festa dos mortos. Cada cabaza contaba cunha lenda na que aparecían escritas mensaxes e cantigas terroríficas.

Celebramos o fin de ano celta como manda a tradición: Os celtas colocaban na encrucillada dos camiños caveiras iluminadas para guiar aos seus mortos, xa que nesa noite (do 31 de outubro para o un de novembro) volvían ás súas casas para visitar aos familiares que quedaban. As cabazas talladas con forma de caras, son unha representación daquelas caveiras.

Os rapaces demostraron as súas dotes literarias e escribiron relatos de medo participando no concurso organizado pola biblioteca escolar. Esta é unha mostra dos relatos gañadores. 

Resultaron gañadores: Luís, Ausberto e Delia de 4º e Laura, Izan e Uxía Lois de 5º. Houbo premios para todos os relatos participantes. 

A sombra do érbedo: O Samaín

Hoxe celebramos a Festa tradicional dos Maios, declarada Festa de Interese Turístico na cidade de Ourense.

Na rúa do paseo expuxéronse os 40 Maios  que optaban aos premios do concurso convocado pola Concellería de Cultura.

O Maio presentado polo Colexio resultou gañador na categoría infantil.

 

 Así de entregados estivemos durante toda a celebración ;-)

COPLAS DOS MAIOS

Atentos/as que é acumulativo

meco

Luns día 5: Gafas de sol

Martes día 6: Gafas de sol e algo na cabeza

Mércores día 7: Gafas de sol, algo na cabeza e no pescozo.

Xoves día 8: Gafas de sol, algo na cabeza e no pescozo e un mandil na cintura.

Venres día 9: Disfraz libre

Hoxe, día  Escolar da Paz e da Non violencia, reunímonos todos/as para darlle Voz á Paz. 

Dálle VOZ á Paz from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

Este é o Manifesto que escribiron os rapaces e rapazas de 6º no Obradoiro de escritura creativa en Lingua Galega. 

Estas son algunhas das tarxetas de Nadal creadas polos alumnos/as para felicitar estas datas.tarxeta Leire

Distribuir contido


by Dr. Radut