Skip to Content

Educación física

NADAL 2021

E despois dun inicio de mes un tanto difícil, por fin chegou o Nadal!!!

Días cargados de emocións e actividades:

- Visita de Papá Noel con agasallos (xestionada pola ANPA).

- 3º Concurso de postais de Nadal organizado pola ANPA.

- Decoración do barrio (iniciativa da Asociación de veciños do barrio de Vistahermosa).

- Interpretación do baile e canción "Volver a casa por Nadal" Xababanda.

- Master class de alumnado de 6º e 4º de primaria para todo o cole cantando e bailando panxoliñas tradicionais.

- Decoración do centro.

Moitas grazas a toda a comunidade educativa polas vosas iniciativas e colaboración.

BOAS FESTAS!!!

Visita das nenas e nenos de 5º de Primaria ao Club Náutico de Castrelo de Miño.

Mañá chea de actividades: kayak, pedaletas, paddle surf e moitos chapuzóns!

Saída das nenas e nenos de 6º ao Pavillón dos Remedios para iniciarse na modalidade de escalada. Actividade coordinada a través do programa Xogade e Deporte Escolar de Ourense.

Xornada moi entretida na que todas e todos puidemos experimetar esta práctica deportiva, cada un ao seu nivel e ata onde o vértigo o permitía.

Grazas por esa magnífica organización, material e monitores pertencentertes a ASESOU ( Asociación de Escaladores Ourensáns).                                                   

 

Que mellor maneira de conmemorar o Día da Paz que cantando e bailando.

As nenas e nenos de  Educación Infantil xa levaban días preparando a canción "Eu teño alguén", de Sonárbore. Así de estupendo lles quedou coas súas voces e acompañando con linguaxe de signos.

Pola súa banda as rapazas  e rapaces de 5º e 6º de Primaria crearon unha coreografía para a versión "Que sorte de terte" da TVG, ao máis puro estilo TikTok.  Aquí deixamos un anaquiño da actuación de onte de toda Primaria.

.

 

Aínda que se tratou de un magosto diferente, todas e todos disfrutamos das actividades organizadas para hoxe: xogos cos escornabots, buxainas, bailes, cancións... e por suposto degustación de castañas e bolos preñados.

Aquí deixamos unhas imaxes que mostran o realizado durante a xornada:

E tamén parte da gran representación da canción "VIVE O MAGOSTO"

 Música:Vive o Magosto. José M. López Cabana

Creamos os nosos propios xogos, instrumentos musicais e utensilios a través da reutilización e da reciclaxe.

Actividades propostas nas AV de Música, Biblioteca e Educación Física.

Música Eco-mariña

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=40

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=60

Noraboa a tod@s!!!!

Yara, Yael, Sofía, Mateo e Lúa.

Disfrutando co baile, seguindo o ritmo, escoitando e practicando inglés...

Grazas rapazas e rapaces!!!

 

Actividade conxunta presentada na Aula Virtual de Inglés e Educación Física

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=53

LETRAS GALEGAS 2020

Coreografía da canción "As pitas baixo a choiva" A banda das pitas.

Só necesitades un paraugas e moito ritmo

Grazas a tod@s @s nen@s e compañeir@s pola vosa axuda! 

 

Actividade interdisciplinar de Educación Física, Música e Biblioteca.

E sempre nos sorprendedes... demostrando esa capacidade para adaptarvos, disfrutar, aprender, crear....transformando as vosas casas en ximnasio, biblioteca, aula de manualidades, taller de cociña, laboratorio, oficina...ensinándonos a tod@s da pasta que estades fet@s.

Aquí irei deixando as estupendas imaxes que me ides achegando das diferentes propostas que vos plantexo.

Moitas grazas nen@s, moitas grazas familias!!!

A BAILAR!!

Coreografías e movementos sinxelos para exercitarnos, bailar e pasalo ben!

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=53

OS VOSOS PROPIOS RETOS

Valentina, de 1º, ensínanos catro fantásticos retos que fixo na súa casa....alguén se atreve a intentalos? Tedes máis propostas?

ESPERO AS VOSAS IMAXES!!!

 

 

GINCANA CASEIRA

Doce probas escondidas na casa. Só un plano para atopalas na orde indicada. Imposible buscar a seguinte sen superar a actual.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=44

SUPEROLIMPIADA para SUPERATLETAS.

 

 

XOGOS CON DADOS

Diferentes retos e xogos mesturados co azar do lanzamento de dados: punterías, equilibrios, saltos, lanzamentos...

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=41

 

 

XOGOS DE MESA

Adaptación de tradicionais xogos de mesa para a práctica de habilidades físicas.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=43

A OCA DA EDUCACIÓN FÍSICA : dependendo da casiña na que caias unha proba pasarás...

 

 

 

Montaxe con todas as vosas propostas neses días nos que non podiamos saír da casa.

Encántame que fagades deporte...e encántame vervos!!!

Moitas grazas a tod@s por participar!!

#EUQUEDONACASA

#QUEDAMOSNACASA

Xornada organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte que contou coa participación de 13 centros educativos. O CEIP Vistahermosa foi representado por 39 rapazas e rapaces.

Mañá chea de nervios, medos, emocións, convivencia e deportividade.

Destacar o grandísimo esforzo das nenas e nenos debido á esixencia desta proba e en moitos casos a ser a primeira vez que participabamos nalgo parecido.

Con este tipo de actividades preténdese achegar ao alumnado novas experiencias deportivas e motivalo á práctica das mesmas.

Noraboa a todas e a todos

 

Distribuir contido


by Dr. Radut