Alumnado de 3° e de 4° de Primaria resolveron un xogo de escape, con operacións matemáticas e libros relativos á esta festa.
Xogaron en equipo e cun spiderBot, que tiveron que ir programando a través dunha tea de araña con numerosas probas e enigmas: con preguntas de cálculo e tamén literarias, sobre unha selección de libros de medo, terror, bruxas, pantasmas...
Para superar o xogo tiñan pistas ocultas nos libros que debían descifrar.