OBRADOIROS:
Arte
O alumnado de 3º participou nun Taller de robótica básica. De cando o pincel e o lapis se enfadaron e non quixeron compartir cadro.
Trala audición e comentario do conto, construíron robots con distintos tipos de pincel cos que pintaron un cadro.
Natureza
Nas clases de 4º, 5º e 6º realizouse un Taller de electrónica básica e programación con microbit: Programando o Universo.
Actividade impartida polo Servizo Educativo de Afundación. Contamos con dous monitores que viñeron ao centro a sumar coñecementos de Arte e Natureza a través da tecnoloxía.
Estas actividades realizáronse con todas as medidas de seguridade pertinentes fronte a COVID-19