Actividades 23-24
Taller de cociña polo Samaín
O alumnado de 5º e 6º organizou un taller de cociña no que crearon comidas monstruosas.
Aparello dixestivo con material de refugallo
O alumndo de 6º fixo un modelo de aparello dixestivo utilizando material de refugallo
Programa de radio polo Samain: Contos de onte na memoria, noite de defuntos
Polo Samaín, atopamos o veciño Samuel que nos contou un conto de medo. Isto deu pé para crear este programa de radio ,f coa imprescindible colaboración de Samuel, veciño de Vilar de Gomareites que nos recorda unha vella história que escoitaba de neno a carón do lume nas lareiras en noites como a de hoxe, víspera de defuntos.
Deseño de camisetas polo 25 de novembro
O alumnado de 6º deseñou camisetas para commemorar a NON Violencia e contribuir á igualdade.
Programa de radio, Grandes mulleres: Clara Grima e as matemáticas
O alumnado de 5º e 6º fixo un traballo de investigación sobre a matemática Clara Grima, o resultado foi este programa de radio.
Experimento químico: fabricando neve
O terceiro domingo de xaneiro conmemórase o Día Mundial da Neve.Desde o noso centro quixemos valorar a importancia da neve en todos os campos, non só no ámbito deportivo, explicar o fenómeno da neve e traballar tamén o refraneiro. Porque... quen non escoitou nunca eso de... "Año de nieves, año de bienes"?
Aplicamos a ciencia tamén neste campo e fabricamos neve de dous xeitos diferentes: nun dos experimentos empregamos bicarbonato de sodio e no outro opoliacrilato de sodio que traen os cueiros dos bebés. Aquí tedes os resultados.
Mulleres galegas na nosa radio
O alumnado de 2º,3º e 4º fixo un proxecto sobre igualdade, unha das actividades foi facer un pequeniño programa de audio sobre mulleres galegas, algún nivel centrou o seu traballo en mulleres deportistas galegas. Investigaron sobre a súa vida, o seu traballo etc, como produto final elaboraron un pequeno audio ó que se accede a través dun código QR.
Proxecto Interxeracional: Creacións con pasta de sal
O alumnado de 5º e 6º xunto cos maiores da residencia do concello elaboraron xoieiros con pasta de sal
Proxecto interxeracional: Atrapasoños
Todos os cursoso facemos actiividades en colaboración coa residencia da terceira edade do pobo.
O alumnado e os maiores interactúan e colaboran en diferentes elaboracións.
Neste curso elaboramos "Atrapasoños" utilizando material de refugallo como lá de diferentes cores e materiais divesos para decorar