Axudas ás familias con alumnado beneficiario de becas de comedor -COVID-19


Orde da convocatoria

CUANTIA DAS AXUDAS

2,50€/día para alumnado que é beneficiario de beca de comedor

1,50€/día para aquel alumnado que paga 1€ 

TEMPORALIZACIÓN 

Dende o 16 de marzo ata o 12 de abril. No caso de que se prorrogue a suspensión das clases ampliarase o período.

LUGAR E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES


A través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

As familias que teñan dificultade para presentar a solicitude por sede electrónica contarán coa axuda do equipo directivo aportando a información necesaria a través de conversación telefónica.

PRAZO

Dende o martes 31 ata o 6 de abril

 

PROCEDEMENTO A SEGUIR

As familias teñen dúas opcións para facer a solicitude:

- A trevés da sede electrónica coa chave 365

- Aquelas familias que non poidan facer a solicitude por sede electrónica terán a opción de chamar por teléfono á directora apotando os seguintes datos:

        * Nome e apelidos dun proxenitor e DNI

        * Nome e apelido e curso do alumnado

        * Número de conta bancaria

RÓGASE QUE NUNCA, EN NINGÚN CASO MANDEN ESTES DATOS POR WHATSAPP