Blog de Biblioteca

REPOSICIÓN DE PELIS

Xa podedes vir pola biblio a coller algunhas das pelis que estaban estropeadas e seguir desfrutando delas.

MES DA ILUSTRACIÓN

O 30 de Xaneiro, coincidindo co nacemento de Castelao, conmemórase nas bibliotecas galegas o Día da Ilustración. Aproveitando este feito dende a nosa biblioteca decidimos alongar a celebración durante todo o mes con obradoiros en diferentes clases e nos recreos. A encargada de impartilos foi a ilustradora e bióloga Estefanía Padullés autora de libros de Editorial Hércules como "El secreto del gato Klops", "Max e Lea" ou "A canción do sol". Aquí vos deixamos algunhas imaxes destes momentos. 

ILUSTRACIÓN from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Ademais, xa que ten a especialidade no debuxo de animais, non perdimos a oportunidade de que nos deixara a súa particular representación de Pingüi. 

MOMENTOS NA BIBLIO

Queriamos compartir con vos estes momentos, son fermosas imaxes que se poden observar cada día polos diferentes recunchos da biblioteca. Encántannos!

 

O TEU SORBO DE LECTURA

Quen ten sede de lectura? Con esta actividade pretendemos animarvos a facer recomendacións e a elaborar unha aportación, un pequeno "sorbo", dos vosos libros favoritos. Animádevos a participar, pedide o voso vaso na biblioteca. 

 

OS DEREITOS DO LECTOR

Dende a biblioteca do cole quixemos conmemorar o "Día dos Dereitos da Infancia" enfocando o tema dende a lectura, por iso ilustramos os principios de Pennac sobre os "10 Dereitos dos lectores". Aquí deixamos o resultado.

 

FESTIVAL DE NADAL

Aquí vos deixamos os vídeos das actuacións dos nenos e nenas do cole no Festival de Nadal. Picade nos círculos de cores para ver a vosa clase. 

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Dende o Equipo da Biblioteca queremos agradecer a enorme acolida que tivo o mes da ciencia, a verdade é que desbordou as nosas expectativas! Mil grazas ás familias pola vosa colaboración e aos pequenos e pequenas que ensinaron os seus expreimentos como verdadeiros científicos profesionais. Aquí vos deixamos algunhas imaxes do acontecido.

MES DA CIENCIA EN GALEGO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

A cantiga que sona é do grupo "A GRAMOLA GOMINOLA" fala dunha rapaza inventora que se chama Carmela, de aí o seu título "A fábrica de Carmela" e pertence ao seu úlitimo disco "Cancións para desafinar" da Editorial Galaxia. Se queredes cantala con eles aquí deixamos a música e a letra.

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Aquí vos deixamos as recomendacións de Pingüi para este Nadal.

NOVAS PELIS

Temos novos fondos de pelis na biblioteca, vide buscalas cando queirades!

25 DE NOVEMBRO

Para os titores e rapaces propoñémosvos dende a biblio un experimento social a través deste vídeo que pretende fomentar o deporte feminino e romper os estereotipos sobre se facer as cousas "como as chicas" é realmente un insulto. E ti... corres "como unha nena"? Fai a proba... 

Por outra banda tamén temos unha selección de libros relacionados indirectamente coa Violencia de Xénero para organizar debates e asambleas nas aulas sobre o que é e non é o amor e falar doutros sentimentos e roles asociados á feminidade ou masculinidade.

Esta foi unha das tarefas que fixeron os nenos e nenas de 2º A que cursan Valores Cívicos e Sociais. A profe propúxolles correr "coma nenas", como vedes eles non teñen prexuizos. E ti?

25N from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo

SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS PARA 3º DE EP

As mochilas viaxeiras de 3º colleron camiño. Boa viaxe e boa lectura!

NOVIDADES!

Agora que por fin amañamos o ordenador, estamos a toda máquina catalongando para que poidades coller as novidades. Non vos podedes perder a coleción de BANDA DE SEÑADA PARA PRIMEIROS LECTORES entre outras moitas cousas!

SELECCIÓN DE LIBROS DE CIENCIA EN GALEGO

Non é fácil atopar libros de carácter informatico en galego, ainda así fixemos unha pequena  escolma para conmemorar o Mes da Ciencia, podedes atopalos na entrada da biblio. 

CURTAS RELACIONADAS CON VALORES

Dende o equipo da biblioteca queremos poñer a disposición de todo o alumnado e profesorado unha selección de curtas animadas relacionadas con diferentes valores universais: empatía, emocións, esforzo, autoestima, acoso, traballo en equipo... Esperamos que vos gusten e vos fagan reflexionar! So tedes que picar en cada celda e levaravos aos vídeos de YouTube seleccionados. Para ver o Symbaloo máis grande picade no botón que ten os nove cadradiños.

RAP PARA COIDAR O MAR

Este é no noso rap feito para a campaña "Mensaje en una botella", trátase dun proxecto medioambiental de ámbito europeo no que se pretende concienciar a pequen@s e maiores sobre a necesidade de coidar os océanos como fontes de riqueza tanto alimentaria como climática. Este foi un traballo interdisciplinar e internivel onde participaron alumnado de 6º de EI, de 2º de EP, de 5º e de 6º. 

RAP from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

 

 

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña