Blog de Biblioteca
A HISTORIA DE PINGÜI
A comezo de curso dende o Equipo de Biblioteca convocabamos un concurso para saber como puidera chegar Pingüi ao noso colexio. Esta é a historia gañadora, pertence a Aroa Mª García Rodríguez de 5º A. Unha vez máis moitísimas grazas a todos e todas pola colaboración.
A HISTORIA DE PINGÜI from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.
REALIDADE AUMENTADA
Na parte do libro informativo podedes ver o voso corpo por dentro se poñedes a camiseta "máxica". Vide á biblioteca e pedídelle a un colaborador que vos deixe a Tablet para comprobalo.
PETICIÓNS E POESÍA
Xa podedes coller moitos dos libros que pedístedes no "Buzón de Suxerencias". Aproveitamos tamén para avisarvos que mercamos varios libros de poesía e xa que o 21 de marzo é o seu día... que mellor regalo que lela?
ACERTIXO DE RADIO PINGÜI
Radio Pingüi déixavos un acertixo. A ver se o adiviñades. Dádelle ben ao miolo!
8 DE MARZO
Para conmemorar o 8 DE MARZO, o Día da Muller, dende o Equipo da Biblioteca propoñemos facer unha EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA cunhas "HEROÍNAS" diferentes, esas mulleres anónimas que son importantes nas nosas vidas e que tamén merecen unha homenaxe pola súa labor e traballo no día a día. Non son famosas nin grandes personalidades pero son indispensables: nais, avoas, tías, irmáns, madriñas... Traede as vosas fotos!
Baseámonos para facer este mural na idea de Joseba MP que pinta nas paredes a avoas do rural galego co seu mandil de cadros representadas coma mulleres con superpoderes. Se picades AQUÍ podedes escoitar a entrevista ao autor na RTVG.
URL da imaxe picando AQUÍ.
Tamén fai referencia a este tema unha cantiga do disco da Gramola Gominola que fala da "Avoa Fina" e dos seus ""ferrados de forza". Temos o CD na biblio por se a queredes practicar, neste caso deixámosvos o "karaoke".
Coma sempre, tamén tedes á vosa disposición unha escolma de libros sobre mulleres: biografías, contos... Pasádevos para botarlles un ollo!
PINGÜI AXUDA NOS PROXECTOS
Os nenos e nenas de 4 anos de infantil están investigando sobre os peixes, Pingüi enterouse e foilles levar á aula libros de contos relacionados con esta temática. Aquí vos deixamos unhas imaxes deste momento.
PREMIOS DA HISTORIA DE PINGÜI
Xa temos gañadores do concurso de Pingüi, Aroa de 5º A será a encargada de facer o vídeo que narre a historia da mascota da biblioteca. Aquí vos deixamos todos os contos que presentástedes e os mellores momentos da recollida dos agasallos. Moitísimas grazas pola vosa participación! A seguir creando e contando contos que vos sae moi ben!
NOTA: Para transcribir os contos dos nenos e nenas tratouse de seguir o traballo deles da maneira máis real posible, por iso, se vedes erros decirvos que so quixemos ensinarvos como eran as historias reais cando as recibimos. É o seu traballo e así o quixemos mostrar. Si que cambiamos aspectos relacionados coa ortografía ou a concordancia, xa que o corrector facíao directamente, pero en esencia esta é a súa obra.
HISTORIA PINGÜI from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.
NACE RADIO PINGÜI!
Estamos facendo probas para o nacemento da nova RADIO PINGÜI, aquí a nosa primeira publicación, en breves teredes máis noticias... MEDRAMOS!
DÍA DE ROSALÍA
O día 24 de febreiro conmemóranse o nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poeta máis internacional. Se queredes escoitar algúns dos seus poemas musicados e outras cantigas adicadas a ela na nosa lingua podedes picar na imaxe e despois nos círculos de cor vermello. Ademais está á vosa disposición unha escolma de libros dela e sobre ela na estantería da entrada da biblio. Como sempre... Esperámosvos!
UN ENTROIDO DE ARTE
Aquí vos deixamos algunhas imaxes dos desfiles do Entroido. Unha pena que o tempo non nos deixase sair a dar unha voltiña!
ENTROIDO 18 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.
PUNTO DE LECTURA
Inauguramos o noso punto de lectura na entrada do colexio para conmemorar o Día Escolar da Paz e Non Violencia. Animádevos a pasar un rato agradable lendo algúns dos contos que vos recomendamos ou ilustrando na pizarra. Esperamos que vos guste e vos sexa útil!
TEMOS PDI NA BIBLIOTECA!
Recentemente o equipo TIC ven de colocarnos unha pizarra dixital na biblioteca, estamos encantadas!
Se eres mestre e queres usala hai unha folla para anotarse na cortiza do lado da porta.
EXPOSICIÓN DE LIBROS DE ARTE E DE ENTROIDO.
Na entrada da biblio poderedes atopar moitos libros dos pintores e dos cadros dos que ides ir disfrazados este Entroido. Se o que necesitades son ideas para inspirarvos, tamén podedes consultar as estanterías de exposición onde atoparades libros de instrucións para confeccionar os vosos propios traxes.