Blog de Biblioteca

NOVOS FONDOS DE POESÍA NA BIBLIOTECA

RECOMENDACIÓNS LECTORAS. PARTE II.

NOVO LIBRO DA EDITORIAL PINGÜI!

 

RECURSOS 8 DE MARZO

 

TODO PODE SER from M Carmen R. Lage on Vimeo.

HORARIO BIBLIOTECA

Este é o horario por aulas para visitar a biblioteca. 

RECREOS TEATRAIS EN INGLÉS

DÍAS DE ENTROIDO

Semana de Entroido chea de actividades: mandadiños do Meco e disfraces do venres relacionados co PDI do centro que este ano leva o título de "Descubrindo Carral: temos moito que contar". 

3 Anos: Auga e sol, elementos esenciais para que naza o trigo.

4 Anos: Panadeiros e panadeiras.

5 Anos: Pan, empanada e bocadillos cardiosaudables: os fornos de Carral.

1º de EP: Fauna e flora de Carral.

2º de EP: A auga e os ríos de Carral.

3º de EP: Os castrexos/as. A pegada da prehistoria en Carral.

4º de EP: As parroquias e organización xeográfica de Carral. O escudo da vila. 

5º de EP: A organización política. concellerías e concelleiros/as.

6º A: Os muíños de Carral.

6º B: Localizacións de Carral a través do Google Maps. 

 

LENDO Á RAIOLA

Aproveitamos que quentaba o sol para ler no patio. 

CLUB DE CIENCIA

Esta so é unha pequena recompilación de imaxes do Club de Ciencia que se está a desenvolver os martes pola tarde co alumnado de 5º e 6º de EP: electricidade, robótica, bioloxia, magnetismo, son, reciclaxe... e un montón de prácticas relacionadas coas habilidades STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas).

Club de Ciencia 2019 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

NOVOS FONDOS DE POESÍA

Neste mes de Febreiro renovamos os fondos de poesía, neste caso da man da escritora Mar Bengas, con pareados, cantigas e outros títulos cheos de musicalidade, rimas, metáforas e xogos de palabras. 

DÍA DE ROSALÍA

No día de Rosalía traballamos sobre as inxustizas sociais que estaban presentes na súa época e versos e seguen a repetirse nos nosos tempos. Seguimos a proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) a través dunha actividade na que participou todo o centro e que propuxo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. "Do S.XIX ao S. XXI: Libre o meu pensamento!", este é o lema central do manifesto de Ana Romaní. Dende a biblio foméntase tamén a lectura da súa obra cunha actividade complementaria: "Leva un poema e deixa outro".

Día de Rosalía from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo

DESCUBRINDO CARRAL: TEMOS MOITO QUE CONTAR

Saíron as cartas de Pingüi para todas as aulas. O luns o alumnado do centro atoparase con sorpresas! Esas bolsas van cargadiñas de agasallos: Escornabots, libros, Legos, puzzles, cantigas, mandiles de Carral, mapas, animais, miniaturas prehistóricas... Boa búsqueda de información a todos e todas! 

RESEÑAS LITERARIAS NO TALLER DE AUDIOVISUAIS

Picade nos enlaces (cadeas lilas) para acceder ás opinións dos títulos que podedes atopar na biblioteca e que vos recomendan os compañeiros e compañeiras. Neste taller traballamos a reseña literaria e presentámola de forma oral para aprender os usos responsables das TIC,  a inguaxe audivisual e a expresión oral. 

GRUPOS INTERNIVEL

Nas últimas horas dos venres, profes e alumnado de 5º, 6º e 1º intercambiámonos. Cada aula convértese nun taller diferente: COMUNICACIÓN ORAL, AUDIOVISUAIS, PRENSA, HORTO, ROBÓTICA E CIENCIA. Os grupos son rotatorios e mensuais de maneira que todo o alumnado pasará por todos os talleres. Aquí vedes un resumo deste primeiro mes: moitos experimentos; recomendacións lectoras a través de reseñas e con códigos QR; comunicación utilizando os diferentes sentidos; construción, robótica, enxenería e imaxinación; natureza, observación e agricultura e elaboración de noticias para publicar no xornal do Concello de Carral. Pretendemos crear comunidade a través de tarefas entretidas, dinámicas e didácticas que melloran a convivencia no centro e potencian a aprendizaxe entre iguais.  

DÍA DA PAZ

Coa cantiga "Cantarela dos nenos" de A. Fernández, facendo o símbolo da paz entre todos e todas e a través dun acto simbólico de entrega de bandeiras, así conmemoramos este ano o Día da Paz no colexio. A multicularidade, a música e a diversidade foron protagonistas. Aquí vos deixamos os mellores momentos deste día. 

Día da Paz from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña