Blog de Biblioteca
PROCESO DE ELABORACIÓN LIBRO DOS GATOS
Aquí vos deixamos as imaxes do proceso de creación do libro dos gatos. Este é un libro colaborativo feito polas tres clases de primeiro. Parbéns polo traballo a alumnado e mestres! Aumentamos os exemplares da Editorial Pingüi e apoiamos con materiais dende a biblioteca do centro.
PROBANDO OS ESCORNABOT
Como teremos que programar o Escornabot para que lle de un bico a Nemo?
LETRAS GALEGAS 2018
Aquí vos deixamos uns anacos do festival que realizamos polo día das Letras Galegas organizado dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Picade nos iconos da imaxe para acceder aos vídeos das actuacións.
RECURSOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Compartimos con todos e todas o seguinte muro interactivo onde poderedes atopar moitas actividades relacionadas coa homenaxeada o día das Letras Galegas. Vide pola biblioteca a xogar nos ordenadores ou na PDI se queredes, estámosvos esperando! Ademais poderedes atopoar moitas das obras da autora na exposición de libros da entrada.
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN DE 6º A
O alumnado de 6º A estivo investigando sobre os diferentes países da UNIÓN EUROPEA e o seu produto final foi o seguinte mapa interativo feito coa ferramenta de Google "My Maps". Pica nos globos para descubrir a información que recopilaron.
LIBROS DA EDITORIAL PINGÜI
Xa podedes ver on line os libros da Editorial Pingüi deste curso. Aquí aparecen "O LIBRO DOS GATOS" feito polo alumnado de 1º A, B e C, o "LIBRO DO CORPO HUMANO" do alumnado de 2º A e B e o "LIBRO DOS PEIXES" de 5º A e B de EI. Son interactivos con Realidade Aumentada a través de HP Reveal e códigos QR. Conforman o produto social relevante resultado de proxectos de investigación levados a cabo nas aulas. En breve poderedes velos en papel e collelos tanto na nosa biblioteca como na Biblioteca Municipal. Para facer os libros máis grandes picade nos cadrados do centro da imaxe.
ENCONTROS CON MARÍA CANOSA
A escritora María Canosa estivo compartindo co alumnado de 3º de Primaria uns momentos literarios. María é autora de varios libros que podedes atopar na biblio como "Acuario" de Edicións Embora ou "Muriel" Premio Merlín de Literatura Infantil 2017 da Editorial Xerais. Aquí vos deixamos algunhas imaxes.
SEMANA DO LIBRO
A continuación deixámosvos varias imaxes e vídeos sobre as actividades levadas a cabo con motivo do DÍA DO LIBRO o 23 de ABRIL.
- AGASALLA UN PRÉSTAMO. O alumnado interesado puido vir á biblio a coller un libro, envolvelo, decoralo e ragalarllo a un amigo ou amiga para que o levara en préstamo para a casa.
- PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS.
SEMANA DO LIBRO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.
MÁIS DA SEMANA DO LIBRO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.
- MARIONETAS DO ALUMNADO DE 5º PARA OS MÁIS PEQUENOS.
5º E 1º DÍA DO LIBRO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.
- EXPOSICIÓN DE LIBROS RELACIONADOS COA TEMÁTICA:
- PROXECCIÓN DA CURTA ELEXIDA PARA CONMEMORAR ESTA DATA.
TEATRO
Aquí vos deixamos aos nenos e nenas de 2º B facendo teatro para as familias. Os textos representados pertencen á biblioteca do centro.
VISITA DA ESCRITORA ANA ALONSO
A escritora de literatura xuvenil Ana Alonso autora de libros como "Antes de Medianoche", "Blancanieves en la ciudad" o "Cómo hablar con un robot" editados por Anaya fíxonos unha visita para falar sobre a súa obra cos máis maiores do cole.
DÍA DA ÁRBORE
Exposición de libros no punto de lectura e recomendacións dos rapaces e rapazas de 6º no Día da Árbore.
CANAL PINGÜI
Nos talleres interdisciplinares dos venres naceu CANAL PINGÜI. aquí vos deixamos a nosa primeira emisión.
TEATRO FEROZ
Os nenos e nenas de 2º representaron ante os seus compañeiros e compañeiras as tres pezas teatrais que aparecen neste libro de Gloria Sánchez da Editorial Xerais e que podedes coller cando queirades na biblio no apartado de TEATRO. Fixérono de marabilla! Parabéns!