Sesión de intercambio de actividades de animación á lectura dos libros "Sentinelas do Silencio e "Unha veciña de película"": carteis e teatro/radio.
Na sesión de Sentinelas destacamos os parágrafos e expresións como "persoas con capacidades diferentes", gustounos como expresión da diversidade humana. Rematamos tamén os carteis para o noso cole. Despedímonos do libro "Sentinelas do silencio" pero todas e todos os membros do Club seguiremos sempre sendo sentinelas do silencio polo noso compromiso coa natureza.
Final do libro...
![](/centros/ceipvicenteotero/system/files/u33/IMG-20240206-WA0010.jpg)
![](/centros/ceipvicenteotero/system/files/u33/1709638344492.jpg)
![](/centros/ceipvicenteotero/system/files/u33/1709638344528.jpg)
Na sesión de "Unha veciña de película" falamos de Alice Guy, considerada a primeira directora de cine dunha película de ficción (1873-1968) e na que está inspirada a protagonista do libro, Alice.
Despois, en grupos, escolleron unha escea cinematográfica das que aparecen no libro para facer unha dramatización narrada da mesma. As películas escollidas foron: O pequeno ditador, O cáliz da vida eterna e O mago de Oz. Falamos das personaxes que interveñen nesas esceas e o seu carácter para telo. Heinzel autoritario, a valente AliceJones, a bondade da bruxa boa Alice do Norte, a despistada Elsie Dorothy... Despois dalgún ensaio un grupo gravou a súa dramatización na radio e os outros dous grupos gravárono en vídeo. Cando os teñamos montados xa volos ensinamos! De momento aí van unhas fotos.
![](/centros/ceipvicenteotero/system/files/u33/1709638344447.jpg)
![](/centros/ceipvicenteotero/system/files/u33/1709638344424.jpg)
![](/centros/ceipvicenteotero/system/files/u33/1709638344460.jpg)
Tamén se entregaron os novos libros escollidos coas súas respectivas guías de lectura.